Olveira, Ribeira

parroquia civil do concello de Ribeira

Santa María de Olveira é unha parroquia situada no oeste do concello de Ribeira. Segundo IGE no 2018 tiña 1.181 habitantes (583 mulleres e 598 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación dos que nove están habitados. Isto supón unha diminución en relación ao ano anterior cando tiña 1.218 habitantes.

Olveira
Capela de Sirves
ConcelloRibeira[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°35′21″N 9°02′48″O / 42.58916667, -9.04666667Coordenadas: 42°35′21″N 9°02′48″O / 42.58916667, -9.04666667
Poboación1.157 hab. (2019)
Entidades de poboación19[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía editar

As súas entidades de poboación son Agrelo, Os Agueiros, O Barreiro, Bretal, Campelos, Casanande, Cerradas, A Cocheiriza, Cristal, A Espiñeira, Iñeiras, O Monte da Laxa, Olveira, Olveira da Igrexa, Olveira de Arriba, Reirís, Sirves, O Souto e O Viso.

Historia editar

Trala caída do Antigo Réxime foi concello de seu entre 1812 e 1835, cando foi incorporada a Ribeira.

Patrimonio editar

A igrexa de Santa María de Olveira é de orixe románica (época da que conserva unha cripta, un Agnus Dei e dúas columnas cos capiteis), sendo reconstruída en 1742 en estilo neoclásico.

A Igrexa Nova de Olveira (na Agra) foi construída en 1967 en estilo neoclásico. Con base de cruz latina, está construída en cachotaría. Conserva reliquias dos mártires do século III Nectario e Victorina.

A capela da Nosa Señora da Angustia (en Bretal) foi construída en 1790 por Roque Pillado de Orellán. Ten unha pequena espadana. A capela da Nosa Señora das Dores (en Sirves) foi construída en 1869 e restaurada en 2002. En Campelos está a capela da Sagrada Familia.

O cruceiro do Viso é un cruceiro de capela. A furna está sobre un piar octogonal e base ortogonal en chanzos.

O parque natural Dunas de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán é un espazo natural protexido, cunha duna móbil, unha lagoa salgada e outra seca. O monte Tahúme é o punto máis alto da parroquia.

Festas editar

As festas patronais son o 13, 14 e 15 de agosto. O 30 de abril celébrase a festa das Dores no lugar de Sirves. O 4 de xuño é a festa da Angustia en Bretal. O 8 de setembro é a festa do Rosario en Olveira.

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Olveira editar

Lugares da parroquia de Olveira no concello de Ribeira (A Coruña)

Agrelo | Os Agueiros | O Barreiro | Bretal | Campelos | Casanande | Cerradas | A Cocheiriza | Cristal | A Espiñeira | Iñeiras | O Monte da Laxa | Olveira | Olveira da Igrexa | Olveira de Arriba | Reirís | Sirves | O Souto | O Viso

Parroquias de Ribeira editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ribeira

Aguiño (Nosa Señora do Carme) | Artes (San Xián) | Carreira (San Paio) | Castiñeiras (O Bo Pastor) | Corrubedo (Santa María) | Oleiros (San Martiño) | Olveira (Santa María) | Palmeira (San Pedro) | Ribeira (Santa Uxía)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar