Xosé Ferreiro

escultor galego (1738-1830)

Xosé Antonio Mauro Ferreiro Suárez, nado en Noia en 1738 e finado en Hermisende (Zamora) en 1830, foi un escultor galego. Está considerado unha figura prestixiosa da arte escultórico do neoclasicismo galego do século XIX. Foi autor de innumerables imaxes relixiosas, moitas delas presentes en igrexas compostelás.

Xosé Ferreiro
Nacemento1738
Lugar de nacementoNoia
Falecemento1830
Lugar de falecementoHermisende
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescultor e imaxineiro
Coñecido porRetablo maior do mosteiro de Sobrado
editar datos en Wikidata ]
Cristo crucificado. Museo do Pobo Galego.

TraxectoriaEditar

Orfo de pai aos oito anos, trasladouse de Noia con súa nai a Santiago de Compostela. Alí acabou ingresando no obradoiro de Gambino. Nun primeiro momento, acusou o estilo e a influencia do seu mestre.

En 1758 contraeu matrimonio con Fermina, filla de Gambino, da que tivo dúas fillas. Xunto co seu xa sogro contrata o retablo maior do mosteiro de Sobrado[1] e o retablo maior de San Mamede de Carnota, así como o frontón escultórico da fachada do Pazo de Raxoi.

A partir deses primeiros encargos, chovéronlle os contratos de diversos mosteiros galegos (San Martiño Pinario, San Domingos de Bonaval, San Francisco do Val de Deus, Samos...). O seu estilo, dun acusado influxo italiano, foi cada vez máis imitado. Xa no xigantesco monumento do Xoves Santo para San Martiño Pinario, apréciase a influencia de obras clásicas como o Lacoonte ou o Apolo de Belvedere que combina co engado das imaxes infantís.Empezou a imitar en madeira a labra do mármore pintando as esculturas de branco e con roupaxes de pregas achafranadas. No tímpano do concello de Santiago de Compostela a pintura en branco do granito galaico ilumina de claro cromatismo a impoñente fachada. Os seus crucifixos, aínda transmitindo o fondo peso da dor, evocan un equilibrio sereno ateigado de conforto. Nas estatuas femininas inspirábase na súa muller, como no caso dunha das súas obras mestras a Santa Escolástica tamén de San Martiño Pinario, onde a figura feminina, entre o suave desplome e o delicado sostén do fermoso Anxo que as súas costas a recolle, acaba por dar unha sensación aérea de ingravidez e beatitude.

Dende o influxo rococó do seu mestre, foi alongando o canon cara un neoclasicismo de factura moi persoal. A maxestuosidade dos santos fundadores galegos San Rosendo de Celanova e San Pedro de Mezonzo evocan efixies vaticanas. Nel influíu Manuel Álvarez que sería director da Academia. Ramón Otero Túñez definiuno como un escultor de roupaxe neoclásica pero alma barroca.

En 1803, esculpe a Minerva para a Universidade de Santiago de Compostela,de 3 metros de alto, hoxe na Facultade de Química, máximo expoñente da escultura neoclásica civil.

En 1804, estivo ás portas da morte debido a unha grave enfermidade, detendo a súa actividade ata 1810. En 1811 estivo traballando en Hermisende e en 1812 en Padrenda.

Dun xeito enigmático, tras a morte da súa muller, dunha súa filla e dunha neta, acorda establecerse en soidade novamente en Hermisende, onde asina un curioso contrato co párroco do lugar no que se comprometía a traballar a cambio unicamente de xantar e cristiá sepultura.

Obra (selección)Editar

 
S. Rosendo en San Martiño Pinario.

Convento de San Martiño PinarioEditar

  • Santa Escolástica coroada por un anxo.
  • Un crucifixo.
  • San Rosendo de Celanova e San Pedro de Mezonzo .
  • Monumento do Xoves Santo
  • Cristo da Paciencia
  • San Bernardo
  • Santa Xertrude

Convento de San FranciscoEditar

Convento do Carme de ArribaEditar

Igrexa de San Domingos de BonavalEditar

  • O retablo do Rosario
  • Os santos, San Xosé e San Xoaquin.

San Mamede de CarnotaEditar

  • Retablo Maior

Igrexa parroquial de SamosEditar

  • Retablo maior

San Pedro da Torre de PadrendaEditar

  • Retablo maior

Igrexa Parroquial de CamariñasEditar

  • Retablo maior

Santuario da Ascensión de Prada do BoloEditar

  • Retablo maior

Igrexa Parroquial de LouredaEditar

  • Retablo maior[2]

Outras obrasEditar

  • Batalla de Clavijo, baixo releve na fachada do Pazo de Raxoi.
  • Minerva, estatua na Universidade de Santiago de Compostela, hoxe na facultade de Química.
  • Santiago peregrino, unha estatua en Cangas.
  • San Luis, Rei de Francia, en Herbón
  • San Francisco de Asís, en Herbón
  • Virxe do Rosario. Sigrás. A Coruña

NotasEditar

  1. "Donativo de dos esculturas procedentes del extinguido monasterio de Sobrado". Boletín da Real Academia Galega (141): 327–328. 1921. 
  2. "Loureda «esconde» en su iglesia una joya del siglo XVIII". La Voz de Galicia (en castelán). 2012-09-23. Consultado o 2018-03-18. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar