Misa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2015.) |
A misa[1] é un rito cristián onde se combinan a oración, o sacramento da Eucaristía e a predicación.
Orixe
editarA orixe do substantivo "misa" é o vocábulo latino "mittere" (enviar) e provén da fórmula coa que acaba a celebración do rito en latín: "Ite missa est". O sentido desta frase encerra certa polémica. O significado orixinal de "mittere" é "enviar" pero algunhas fontes sosteñen que neste caso significa "despedida". O lexicógrafo Du Cange, na súa obra Glossarium latinitatis mantén que, ou ben se debe sobreentender unha "congregatio fidelium" ("Marchádevos, queda disolta (a congregación dos fieis)"), ou ben se transformou "missa" en substantivo en latín serodio, e adquiriu o significado de despedida.
Segundo o dogma católico, que non comparten outras relixións cristiás, na misa renóvase o sacrificio de Cristo na Cruz, ao celebrar o sacramento da eucaristía: nel conságrase pan e viño por medio dunha fórmula que pronuncia o sacerdote celebrante, e prodúcese a suposta transubstanciación. Segundo esta tradición católica, a misa herda a Última Cea de Xesucristo cos seus doce apóstolos.
Estrutura
editarOs contidos da misa e a súa estrutura varía conforme os distintos ritos litúrxicos. Segundo a forma ordinaria do rito romano, é dicir, católico, a misa componse de catro partes: os ritos de entrada, a liturxia da Palabra, a liturxia da Eucaristía e os ritos de despedida.
Ritos de entrada
editarSon todos aqueles pasos que introducen os fieis na celebración. Estes ritos iniciais, que preceden a liturxia da Palabra, inclúen o canto de entrada, o saúdo inicial, o acto penitencial, o "Señor, ten piedade", o Gloria e a oración colecta. Teñen un carácter de exordio, preparación e introdución. Nalgunhas celebracións que se unen coa Misa, os ritos iniciais omítense ou realízanse dun modo peculiar.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para misa.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Misa |