Abrir o menú principal

A misa, un xénero musical sacro, é unha composición coral que traslada á música a seccións fixas da liturxia.[1]

A maioría das misas son partes da liturxia en latín, a linguaxe tradicional da Igrexa católica. As misas poden ser a cappella (para voz humana soamente) ou acompañadas por instrumentos musicais, e mesmo incluír unha orquestra completa. Moitas misas, especialmente as máis recentes, nunca foron pensadas para seren interpretadas durante a celebración dunha misa litúrxica.

Estrutura da misaEditar

Para ser considerada completa, a forma musical debe incluír as seis seccións seguintes, que xuntas constitúen o chamado "ordinario" dunha misa:

1. KyrieEditar

O Kyrie é o primeiro movemento do "ordinario":

Kýrie eléison; Christé eléison; Kýrie eléison (Κύριε, ἐλέησον; Χριστέ, ἐλέησον; Κύριε, ἐλέησον).
Señor, ten piedade; Cristo ten piedade; Señor ten piedade.

Este movemento ten adoito unha estrutura que reflicte o conciso e o simétrico do texto. Moitos teñen unha forma ternaria (ABA), onde as dúas aparicións da frase "Kyrie eleison" están asociadas a idéntico tema musical articuladas cunha sección "Christe eleison" contrastante.

É moi coñecido o exemplo a da misa do Réquiem de Mozart, onde os textos de "Kyrie" e "Christe" representan os dous elementos dunha dobre fuga.

2. GloriaEditar

A Gloria é unha pasaxe celebratoria da gloria de Deus e de Cristo.

Gloria in excelsis Deo et in terra pax hominibus bonae voluntatis. Laudamus te, benedicimus te, adoramus te, glorificamus te, gratias agimus tibi propter magnam gloriam tuam, Domine Deus, Rex caelestis, Deus Pater omnipotens.
Domine Fili unigenite, Iesu Christe, Domine Deus, Agnus Dei, Filius Patris, qui tollis peccata mundi, miserere nobis; qui tollis peccata mundi, suscipe deprecationem nostram. Qui sedes ad dexteram Patris, miserere nobis.
Quoniam tu solus Sanctus, tu solus Dominus, tu solus Altissimus, Iesu Christe, cum Sancto Spiritu in gloria Dei Patris. Amen.
Gloria a Deus nas alturas, e na terra paz aos homes de boa vontade. Loámoste, bendicímoste, adorámoste, glorificámoste, dámosche grazas pola túa inmensa gloria, señor Deus, rei celestial, Deus pai omnipotente.
Fillo unixénito de Deus, Xesucristo, señor Deus, año de Deus, fillo do pai, ti que quitas os pecados do mundo, ten piedade de nós; ti que quitas os pecados do mundo, atende a nosa súplica. Ti que estás sentado á dereita do pai, ten piedade de nós.
Porque só ti es santo, só ti, señor, só ti, altísimo, Xesucristo, co Espírito Santo na gloria de Deus pai, amén.

Nas misas en inglés, compostas para uso anglicano, a Gloria é comunmente o derradeiro movemento, por mor de que no libro de oracións o texto se trasladou ao final do servizo. Con todo, novas formas de liturxia restauraron a Gloria ao seu lugar tradicional.

3. CredoEditar

O texto máis longo da misa é unha adaptación do Credo de Nicea:

Credo in unum Deum, Patrem omnipotentem,
factorem caeli et terrae, visibilium omnium et invisibilium.
Et in unum Dominum Iesum Christum,
Et in unum Dominum Iesum Christum,
Filium Dei unigenitum, et ex Patre natum ante omnia saecula.
Deum de Deo, Lumen de Lumine, Deum verum de Deo vero,
genitum non factum, consubstantialem Patri;
per quem omnia facta sunt. Qui propter nos homines et propter nostram salutem descendit de caelis.
Et incarnatus est de Spiritu Sancto ex Maria Virgine, et homo factus est.
Crucifixus etiam pro nobis sub Pontio Pilato, passus et sepultus est,
et resurrexit tertia die, secundum Scripturas,
et ascendit in caelum, sedet ad dexteram Patris.
Et iterum venturus est cum gloria, iudicare vivos et mortuos,
cuius regni non erit finis;
Et in Spiritum Sanctum, Dominum et vivificantem,
qui ex Patre Filioque procedit.
Qui cum Patre et Filio simul adoratur et conglorificatur:
qui locutus est per prophetas.
Et unam, sanctam, catholicam et apostolicam Ecclesiam.
Confiteor unum baptisma in remissionem peccatorum.
Et expecto resurrectionem mortuorum,
et vitam venturi saeculi. Amen.
Creo nun só Deus, pai omnipotente,
creador do Ceo e da Terra, de todo o visible e o invisible.
E nun único Deus Xesucristo,
Fillo unigénito de Deus, nado do pai antes de todos os séculos,
Deus de Deus, luz de luz, Deus verdadeiro de Deus verdadeiro,
creado, non feito, consubstancial co pai,
por quen todas as cousas foron feitas, que polos homes e pola nosa salvación descendeu dos ceos.
e encarnouse por obra do Espírito Santo en María virxe, e fíxose home.
Foi crucificado por nós baixo Poncio Pilato, atormentado e sepulto,
e ao terceiro día resucitou, consonte as Escrituras,
e ascendeu ao Ceo, onde está sentado á dereita do pai.
E volverá con gloria para xulgar aos vivos e aos mortos;
cuxo reino non terá fin.
E creo no Espírito Santo, que é Deus e dador de vida,
que procede do pai e do fillo;
que xunto ao pai e ao fillo adoramos e glorificamos,
como foi profetizado.
E creo nunha santa Igrexa católica e apostólica;
confío no bautismo para a remisión dos pecados
e espero a resurrección dos mortos,
e a vida eterna. Amen.

O Credo representa un desafío para o compositor debido á súa extensión. Por causa disto, nun servizo o Credo é respondido frecuentemente pola congregación ou incluído nun dos moitos cantos da liturxia.

4. SanctusEditar

O Sanctus é unha oración doxolóxica á Trindade;

Sanctus, Sanctus, Sanctus, Domine Deus Sabaoth; pleni sunt coeli et terra gloria tua
Santo, santo, santo, señor Deus dos exércitos; todo o Ceo e a Terra están cheos da túa gloria.
Hosanna in excelsis
Hosanna nas alturas.

5. BenedictusEditar

O Benedictus é unha continuación do Sanctus:

Benedictus qui venit in nomee Domini.
Bendito o que vén en nome do Señor.

Hosanna in excelsis repítese usualmente despois do Benedictus, frecuentemente con material musical idéntico ao utilizado no Sanctus, ou moi similar.

No canto gregoriano, o Sanctus (con Benedictus) foi cantado só no seu lugar na misa. Con todo, como os compositores produciron fermosos desenvolvementos do texto, a música é adoito tan longa que se superpón á consagración do pan e o viño. Esta era considerada a parte máis importante da misa, así que os compositores comezaron a deter o Sanctus á metade para permitir a consagración, e logo continuaban. Esta práctica foi prohibida por un tempo no século XX.

6. Agnus DeiEditar

O Agnus Dei é un arranxo da ladaíña "año de Deus":

Agnus Dei, qui tollis peccata mundi,
miserere nobis
Año de Deus, que quitas os pecados do mundo,
ten piedade de nós.
Agnus Dei, qui tollis peccata mundi,
dona nobis pacem.
Año de Deus, que quitas os pecados do mundo,
dános paz.

Nunha misa de réquiem, as palabras dona nobis pacem son substituídas por dona eis requiem ("dálles o descanso").

Outras secciónsEditar

Nunha misa litúrxica, hai outras seccións que poden ser cantadas, a miúdo en canto gregoriano. Estas seccións, as "particulares" de misa, cambian co día e coa estación do ano de acordo co calendario eclesiástico ou coas circunstancias especiais da misa. As particulares da misa non son polo xeral incluídas musicalmente na misa musical, pero poden ser obxecto de motetes ou outras composicións. Estas seccións inclúen o introito, o gradual, o aleluia (salvo en Coresma), o ofertorio e a comuñón.

As misas ao longo da historiaEditar

Idade Media e RenacementoEditar

Antes de existiren compositores individuais de misas, a música foi puramente canto gregoriano, que ofrecía moitas opcións musicais para seren cantadas segundo o calendario litúrxico. Atópanse recollidas no Kyriale. Sobreviven varias misas completas de autoría anónima do século XIV, a Misa de Tournai, a Misa de Toulouse, a Misa de Barcelona e a Misa da Sorbona. Con todo, as discrepancias de estilo indican que os movementos destas misas foron escritos por varios compositores e, posteriormente, compiladas por un copista nunha soa obra.[2]

A primeira misa composta enteira por un mesmo autor e concibida como un todo foi a Messe de Notre Dame, de Guillaume de Machaut (1300-1377), compositor da Ars Nova, un estilo que sinala a fin da Idade Media e a chegada do Renacemento no plano musical. No Renacemento é salientable a Misa do Papa Marcelo, de Giovanni Pierluigi da Palestrina (1525-1594).

Desde o Barroco ata a actualidadeEditar

Despois do Renacemento, a misa tendeu a non ser o xénero principal dun compositor, aínda que algunhas das obras musicais máis famosas do Barroco, período clásico ou romántico, son misas. Na era romántica as misas máis famosas adoitan ser de requiem.

No século XX os compositores continuaron compondo misas, mesmo nunha diversidade de estilos, formas e funcións máis ampla.

Entre os compositores de música Barroca, as misas máis coñecidas son:

  • Misa da Capella a catro voces, de Claudio Monteverdi.
  • Misa a seis voces In illo tempore, de Claudio Monteverdi.
  • Misa en si menor BWV 232, de Johann Sebastian Bach.
  • Misas breves BWV233, BWV234, BWV235 e BWV236, de Johann Sebastian Bach.
  • Música para o funeral da raíña María, de Henry Purcell.

Algunhas destas misas son interpretadas nas catedrais, principalmente no Domingo de Resurrección.

NotasEditar

  1. Principalmente a liturxia da Igrexa católica, da Igrexa anglicana (xeralmente coñecida nos Estados Unidos como Igrexa episcopal, e tamén da Igrexa luterana.
  2. Harold Gleason Warren Becker. Music in the Middle and Renaiisance. EEUU. Frangipani Press. Páxina 73.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Lewis Lockwood, "Mass" . En The New Grove Dictionary of Music and Musicians. Ed. Stanley Sadie. Londres, Macmillan Publishers Ltd. 1980. [ISBN 1-56159-174-2]
  • M. Jennifer Bloxham. "Masses on Polyphonic Songs". En Robert Scherr (Ed.). The Josquin Companion Oxford University Press, 1999. [ISBN 0-19-816335-5]

Ligazóns externasEditar

  • Herbermann, Charles (Ed). "Music on the Mass". En Catholic Encyclopaedia. Nova York. Robert Appleton Company.