Voz (música)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2012.) |
A voz é o son producido polo aparello fonador humano. A emisión consciente de sons producidos utilizando o aparello fonador é coñecida como canto. O canto ten un rol importante na arte da música, porque é o único instrumento musical capaz de integrar palabras na liña musical.
O son vocal prodúcese por unha acción física combinada: dunha banda a función combinada de mucosidade, cordas e músculos vocais e doutra, a resonancia ou non do son así emitido na boca e na cabeza.
Ámbito e tesitura
editarO ámbito vocal é o rexistro total de frecuencias que pode xerar unha voz. Mídese pola distancia entre a frecuencia máis grave e máis aguda posibles. Porén, as notas graves non son aplicables pola falta de volume, e as notas máis agudas polo volume descontrolado. Por iso, para a música clásica, defínese unha zona apta para o uso musical que se chama tesitura. É máis pequena que o ámbito e está formada polas notas que se poden producir cunha calidade apta para o uso musical. A través de tesitura e timbre, as voces poden clasificarse.
Rexistros vocais
editarNo século XVI inícianse as composicións polifónicas. O pioneiro da composición a catro voces foi o francés Josquin des Prés (1457/58 - 1521). A nova técnica coral fixo necesario diferenciar tipos de voces que cumprían con diferentes papeis dentro da música. Coa música de catro voces xurdía a clasificación en catro tipos básicos de voz: Sopran, Altus, Tenor e Baixo, que se atopan en partituras de oratorio e ópera ata o día de hoxe.
No século XIX fíxose necesario agregar dúas voces intermedias entre ambos pares: mezzosoprano (feminina) e barítono (masculino). Estas seis voces describen tanto o rexistro como a “cor” (que é un parámetro que combina o timbre da voz e a súa intensidade), seguindo o Sistema Internacional de Índice Acústico:
Rango da voz en termos de frecuencia
editarEn termos de frecuencia, a voz humana está normalmente entre o rango de 80 Hertz Hz e 1100 Hz (o que equivale a ir do mi2 ao do6, en notación internacional, mi1 al do5 en notación franco-belga) considerando todo o rango de voces masculinas e femininas.