Oración (relixión)

A oración ou pregaria é un acto de invocación que pretende activar unha sintonía cun deus, un obxecto de adoración ou unha entidade espritual a través de comunicación deliberada. A oración é unha práctica relixiosa que pode ser individual ou comunal, e que pode facerse en público ou e privado. Realízase mediante fórmulas ou cancións. Existen diferentes formas de orar, como as peticións, as súplicas, as oración de grazas e as de adoración. O ioga é tamén unha forma común de orar.

María Magdalena por Ary Scheffer (1795–1858).

A maioría das grandes relixións teñen a oración como unha das súas prácticas dalgún xeito ou doutro. Algunhas relixións ritualizan o acto do orador, que debe seguir unha estrita secuencia de accións ou situarse nun lugar concreto para orar, mentres outras permiten que o orador o faga de xeito espontáneo en calquera intre.