Henry Purcell

compositor inglés


Henry Purcell (pronunciado /ˈpɜ:səl/ ou /pársel/), nado en Londres cara ao 10 de setembro de 1659 e finado na mesma cidade o 21 de novembro de 1695, foi un compositor inglés do Barroco.[1] Considerado un dos mellores compositores ingleses de todos os tempos, incorporou á súa música elementos estilísticos franceses e italianos, xerando un estilo inglés propio de música barroca.[2]

Infotaula de personaHenry Purcell

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de setembro de 1659 Editar o valor em Wikidata
Westminster (Comunidade da Inglaterra) Editar o valor em Wikidata
Morte21 de novembro de 1695 Editar o valor em Wikidata (36 anos)
Westminster (Reino de Inglaterra) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAbadía de Westminster Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Inglaterra Editar o valor em Wikidata
EducaciónWestminster School Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , teórico da música , musicólogo , organista , autor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1679 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoÓpera, himno e Oda Editar o valor em Wikidata
MovementoMúsica barroca Editar o valor em Wikidata
ProfesoresPelham Humfrey, John Blow, Henry Cooke (pt) Traducir e Matthew Locke Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoÓrgano e Clavicémbalo Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeFrances Purcell
FillosEdward Purcell (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsDaniel Purcell (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webhenrypurcell.org.uk Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0700722 IBDB: 12267
Spotify: 3tMLo1k3iUo82coMLWXzxq Musicbrainz: ddea5540-2c7d-4266-8507-b367c2635d35 Songkick: 132027 Discogs: 65796 IMSLP: Category:Purcell,_Henry Allmusic: mn0000596040 WikiTree: Purcell-834 Find a Grave: 7062 Deezer: 10954 Genius: Henry-purcell Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Henry Purcell naceu en Londres, no condado de St. Ann's Lane, Westminster. O seu pai, tamén chamado Henry Purcell, foi cabaleiro da Capela Real e cantou na coroación do rei Carlos II de Inglaterra. Foi o maior de tres irmáns, dos cales o menor, Daniel Purcell (falecido en 1717), foi tamén un prolífico compositor. Tras a morte do seu pai, en 1664, Henry Purcell quedou baixo a custodia do seu tío Thomas Purcell (finado en 1682). O seu tío Thomas era así mesmo cabaleiro da Capela Real e xestionou a admisión de Henry como membro do coro. Henry estudou primeiro con Henry Cooke, mestre dos nenos, e logo con Pelham Humfrey, sucesor de Cooke.

Dise que Purcell comezou a compor cando tiña só nove anos, pero a primeira obra que pode ser identificada con certeza como da súa autoría é Ode for the Kings Birthday ("Oda para o aniversario do rei"), escrita en 1670. Despois da morte de Humfrey, Purcell continuou os seus estudos con John Blow, entanto que asistía á escola de Westminster. En 1676 foi nomeado axudante organista da abadía de Westminster.

En 1679 escribiu varias cancións para Choice Ayres, Songs and Dialogues ("Aires, cancións e diálogos elixidos"), de John Playford, e tamén un himno de nome actualmente descoñecido para a Capela Real. Grazas a unha carta escrita por Thomas Purcell, sabemos que o himno foi escrito para a excepcional voz do reverendo John Gostling, daquela en Canterbury, pero posteriormente cabaleiro da Capela do Rei. Purcell escribiu moitos himnos en diferentes momentos para esta extraordinaria voz, un baixo profundo, que se sabe que tiña unha tesitura de polo menos dúas oitavas completas, desde re2 ata re4. Coñécense datos dalgúns destes himnos; poida que o exemplo máis salientable sexa They that go down to the sea in ships ("Os que se afunden no mar en barcos"), composto en agradecemento por un providencial salvamento dun naufraxio sufrido polo rei no estreito de Solent. Gostling, que acompañaba o rei nesa ocasión, reuniu varios versos dos salmos en forma de himno e pediulle a Purcell que compuxese a música. A obra resulta aínda hoxe dunha interpretación moi difícil, incluíndo unha pasaxe que atravesa toda a tesitura da voz de Gostling.

En 1680, John Blow, organista da abadía de Westminster desde 1669, renunciou ao seu cargo en favor de Henry Purcell, quen nesa data tiña 22 anos.

 
Partitura de Dido and Eneas.

En 1682 Purcell casou con Frances Purcell e ao ano seguinte foi nomeado organista da Capela Real e construtor dos órganos reais. Purcell, daquela, dedicouse enteiramente á composición de música sacra, e durante seis anos restrinxiu a súa conexión co teatro. Con todo, durante a primeira parte daquel ano, probablemente antes de asumir o cargo, produciu dous importantes traballos para as táboas: a música para Theodosius, de Nathaniel Lee, e para Virtuous Wife ("A esposa virtuosa"), de Thomas D'Urfey.

En 1689, Purcell compuxo a ópera Dido and Aeneas ("Dido e Eneas"), que constitúe un importante fito na historia da música dramática inglesa coa famosa aria Dido's Lament ("O lamento de Dido"), e máis tarde algunhas outras semióperas, como The Fairy Queen ("A raíña das fadas"). Dido and Eneas foi escrita segundo un libreto de Nahum Tate, quen o desenvolveu por petición do profesor de baile Josiah Priest.

Purcell morreu o 21 de novembro de 1695 á idade de 36 anos, no cume da súa fama. Pouco despois, a súa esposa compilou varias das súas obras, que se publicaron en dous famosos volumes: Orpheus Britannicus I (1698) e II (1702).

Foi enterrado na abadía de Westminster, debaixo do órgano que tanto tempo tocou. O seu epitafio di: "Aquí xace o honorable Henry Purcell, quen deixou esta vida e foi a ese único lugar bendito onde a súa harmonía pode ser superada".

Obra editar

 
Portada da segunda edición do Orpheus Britannicus, colleita das cancións de Henry Purcell. Londres, 1706

A súa obra recibiu a influencia dos estilos inglés, a través do seu pai e do seu tío; francés, xa que os seus mestres estudaran alí; e italiano, pola grande exposición que tivo a esta escola debido ao grande pulo da música italiana que se produciu desde 1680.

O catálogo de Henry Purcell componse de 860 obras, que se adoita clasificar en catro grupos:

  • Música instrumental. Esta música ten dous claros estilos en Purcell: o tradicional e o italiano, este último moi dominante nas súas sonatas. Destacan as súas oito suites, unhas vinte e cinco marchas e pezas para Clavicémbalo, e sonatas para violín.
  • Música relixiosa. Con clara influencia italiana, a obra eclesiástica de Purcell divídese en tres xéneros: Full Anthem (motet tradicional, complexo e laborioso -antes de 1683-), Verse Anthem (baixo o estilo francés -nos seus derradeiros anos-) e seccións corais, de carácter grandilocuente.
  • Música profana. Purcell compuxo varias odas reais con motivo dalgún acontecemento importante da nobreza ou do rei (algúns aniversarios ou o retorno). A súa habilidade neste xénero medrou prodixiosamente desde 1680. Cómpre subliñar unha oda para o aniversario da raíña Mary e a Ode for St. Cecilia's Day ("Oda para o día de Santa Icía), en 1692. Ademais, compuxo himnos profanos como My Heart is Inditing ("O meu corazón está desbordante") e cancións, como Music for a While ("Música para un intre"), en 1692.
  • Música escénica. Purcell ten un atractivo catálogo de música incidental para o teatro. Trátase de danzas e act tunes, como Distressed Innocence ("Inocencia angustiada"), Abdelazer ou The Married Beau. Só escribiu unha ópera propiamente dita: Dido and Aeneas (1689). As súas outras obras son semióperas: Prophetess ("A profetisa") ou Dioclesian, en 1690; King Arthur ("O rei Arturo), en 1691; The Fairy Queen ("A raíña das fadas"), en 1692, e The Indian Queen ("A raíña india"), empezada en 1695.

Notas editar

  1. Segundo Holman e Thompson (Grove Music Online) non se coñece con certeza a data do nacemento do compositor, xa que non se conservou a súa acta bautismal. A data de 1659 calculouse a partir da lápida conmemorativa que se lle dedicou na abadía de Westminster e polo frontispicio da súa Sonata en tres partes (Londres, 1683). Ás veces sinálase como día do seu nacemento o 10 de setembro, apoiándose nas vagas inscricións do manuscrito GB-Cfm 88. Quizais sexa tamén salientable que o seu primeiro salario o cobrou o 10 de setembro de 1677, que podería ser xustamente o día do seu décimo oitavo aniversario.
  2. "Purcell, Henry". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 18 de abril de 2016.  Estudo da súa obra por Peter Holman (traducido ao castelán).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar