Dido and Aeneas (en galego, Dido e Eneas) é unha ópera en tres actos con música de Henry Purcell e libreto en inglés do dramaturgo e poeta Nahum Tate (1652-1715), baseado na súa traxedia Brutus of Alba or The Enchanted Lovers e no canto IV de Eneida de Virxilio.[5] Foi composta en 1682 e posúe número de catálogo Z. 626.[6]

Dido and Aeneas
Dido e Eneas
Banquete de Dido e Eneas
FormaÓpera
Actos e escenas2 actos
Idioma orixinal do libretoInglés
LibretistaNahum Tate
Fontes literariasBaseada na obra Brutus of Alba (1678) e no Libro IV de Eneida de Virxilio (29-19 a. C.)[1]
EstreaPrimavera de 1689
Teatro da estreaMr. Josias Priest's Boarding School for Girls
Lugar da estreaChelsea, Londres
Duración1 hora
Música
CompositorHenry Purcell
coroParticipación destacable[2]
Personaxes

Dido (soprano dramática ou mezzosoprano)
Belinda (soprano lírica)
A Feiticeira (mezzosoprano)
Eneas (tenor dramático ou mezzosoprano)
Un Mariño (tenor lírico)[3]
Un Espírito (mezzosoprano)[4]

Relata a historia de amor entre Dido, raíña de Cartago e o heroe troiano Eneas, e a súa desesperación cando a abandona. Unha obra monumental na ópera barroca, lémbrase como unha das máis destacadas obras teatrais de Purcell.[5] Dido e Eneas foi a primeira ópera de Purcell e encóntrase entre as primeiras óperas inglesas, e debe moito a Venus and Adonis, ópera de John Blow, tanto en estrutura como no efecto xeral.[5]

É unha das óperas máis importantes do Barroco e está considerada como a primeira ópera nacional inglesa. Pode considerarse como a única ópera -no sentido estrito do xénero- verdadeira de Purcell, se se compara con outras obras como King Arthur (1691) ou The Fairy Queen (1692), que responden ao perfil de semióperas. Dido e Eneas é un dos dramas máis coñecidos de Purcell e quizais de toda a produción inglesa.

A primeira representación tivo lugar na escola de rapazas de Josias Priest en Londres non máis tarde do verán de 1688. A estrea comercial foi en Londres a principios de 1700.

Notas editar

  1. Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en español) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. ISBN 978-84-670-2605-4. 
  2. Roger Alier, Marc Heilbron y Fernando Sans Rivière: La discoteca ideal de la ópera, Editorial Planeta, S. A., 1995. ISBN 84-08-01285-1.
  3. A Guía visual de la Ópera, Espasa, sinala soprano.
  4. José María Martín Triana: El libro de la ópera, segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial, ISBN 84-206-0284-1.
  5. 5,0 5,1 5,2 Price en Grove
  6. "Z" refírese ao catálogo de Zimmerman das obras de Purcell polo musicólogo estadounidense Franklin B. Zimmerman

Véxase tamén editar



 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.