Clavicémbalo
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Clave.
O clavicémbalo ou clavecín é un instrumento de cordas beliscadas accionado por teclado.[1]
Clavicémbalo | |
---|---|
Clavecín, Cembalo | |
O clavicémbalo é un instrumento de teclado de corda pinzada, precursor do piano moderno. Caracterízase polo seu ton brillante e a súa capacidade para producir varias dinámicas a través de rexistros mecánicos. | |
Información | |
Clasificación | Cordófono, teclado |
Instrumentos relacionados | Piano, harmonio |
Músicos notables | Johann Sebastian Bach, Dietrich Buxtehude, Domenico Scarlatti |
Fabricantes notables | Blanchet, Ruckers, Taskin |
Historia
editarInventado no século XIV, o clavicémbalo fíxose famoso en Italia en 1400 grazas aos construtores Alessandro e Antonio de Módena, P. Bellisono de Pavia, Doménico de Pésaro e outros.
Os músicos Domenico Scarlatti e Johann Sebastian Bach son autores de numerosas obras para este instrumento.
Características
editarPese a súa aparente semellanza co piano, os dous instrumentos son completamente distintos, xa que as cordas do piano non son beliscadas, se non percutidas. No clavicémbalo, en troques, son beliscadas por plectos accionados con listas de madeira que comunican coa tecla. O belisco pode ter lugar en distintos puntos da corda para obter diferentes timbres.
Notas
editar- ↑ "clavicémbalo". Dicionario de Real Academia Galega. Consultado o 2024-11-27.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Clavicémbalo |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |