Paul Frederic Simon, nado en Newark, Nova Jersey o 13 de outubro de 1941, é un cantautor norteamericano[1]. Formou dúo con Art Garfunkel a finais dos anos 50 como Tom and Jerry e na década seguinte xa como Simon and Garfunkel ata a súa separación en 1970. Paul Simon foi o autor da música e da letra de todas as cancións orixinais do dúo. Entre as máis coñecidas están "The Sound of Silence", "Homeward Bound", "Mrs. Robinson", "Cecilia" e "Bridge Over Troubled Water"[2].

Modelo:BiografíaPaul Simon

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Paul Frederick Simon Editar o valor en Wikidata
13 de outubro de 1941 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Newark, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Outros nomesJerry Landis
True Taylor
Paul Kane Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónBrooklyn Law School (en) Traducir - incompleto (1963–1964)
Queens College - literatura inglesa (1959–1963)
Forest Hills High School (en) Traducir - diploma de escola secundaria (–1958) Editar o valor en Wikidata
Altura1,61 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Nova York Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncantante, actor, guitarrista, actor de cinema, actor de televisión, compositor, produtor musical, cantautor, compositor de cancións, artista discográfico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1957 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorUniversidade de Princeton Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock, folk rock, Soft rock e world music Editar o valor en Wikidata
TesituraTenor Editar o valor en Wikidata

InstrumentoBaixo, voz e guitarra Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoWarner Bros. Records
Columbia Records Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalArt Garfunkel: Simon and Garfunkel Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeEdie Brickell (1992–)
Carrie Fisher (1983–1984)
Peggy Harper (1969–1975) Editar o valor en Wikidata
ParellaKathleen Mary Chitty (1964–valor descoñecido)
Shelley Duvall Editar o valor en Wikidata
FillosHarper Simon
 () Peggy Harper
Adrian Edward Simon
 () Edie Brickell
Lulu Simon
 () Edie Brickell
Gabriel Elijah Simon
 () Edie Brickell Editar o valor en Wikidata
NaiBelle Simon Editar o valor en Wikidata
IrmánsEddie Simon Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webpaulsimon.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0800328 Allocine: 46320 Rottentomatoes: celebrity/paul_simon Allmovie: p111574 TV.com: people/paul-simon IBDB: 8068
Facebook: paulsimon Twitter: paulsimonmusic Instagram: paulsimonofficial MySpace: paulsimon Youtube: UCRfCiKTwOOKV8aoxE9M44bA BNE: XX1019035 Souncloud: paulsimon Spotify: 2CvCyf1gEVhI0mX6aFXmVI iTunes: 152016 Last fm: Paul+Simon Musicbrainz: 05517043-ff78-4988-9c22-88c68588ebb9 Songkick: 213059 Discogs: 106474 Allmusic: mn0000031685 WikiTree: Simon-2069 Deezer: 1445 Genius: Paul-simon Editar o valor en Wikidata

A súa carreira en solitario levouno a experimentar con músicas e ritmos de moi diferentes partes do mundo coma Suráfrica, Brasil e Porto Rico.

Traxectoria

editar

Simon and Garfunkel

editar

Simon foi o compositor do dúo Simon and Garfunkel, autores de diversos álbums de grande éxito como Bridge Over Troubled Waters (1970). Antes de unirse a Garfunkel, Simon compuxera e gravado máis de 30 cancións entre 1957 e 1964, ano en que o dúo gravou o seu primeiro disco coa compañía Columbia Records.

Simon e Garfunkel contribuíron tamén á banda sonora da película de 1967 O graduado, protagonizada por Dustin Hoffman e Anne Bancroft. Paul Simon compuxo a canción "Mrs. Robinson" especialmente para a película; no filme tamén aparecen outras cancións do dúo. A canción "Mrs. Robinson" conseguiu dous premios Grammy.

En 1970 con Simon and Garfunkel gravan para o selo CBS o álbum El Cóndor Pasa cuxo principal tema era precisamente o nome do vinilo, música do peruano Daniel Alomías Robles e co acompañamento na quena do boliviano Uña Ramos, para a canción Duncan en 1972 volve utilizar os sons andinos da quena.

Aínda que xa levaban unha década separados (o dúo disolveuse en 1971), Simon reuniuse de novo con Garfunkel en 1981 para realizar un concerto no Central Park de Nova York. Aínda que iniciaron un novo álbum xuntos, Garfunkel decidiu retirarse do proxecto xa que non estaba de acordo con algunhas das letras propostas por Simon. Este álbum acabou sendo unha gravación de Paul Simon en solitario, Hearts and Bones.

En 2003 Simon e Garfunkel reuníronse de novo para iniciar unha xira, primeiro polos Estados Unidos de América e despois polo resto do mundo (2004).

1971–presente

editar

Trala separación de Simon e Garfunkel, Paul Simon iniciou unha carreira en solitario. En 1972 publicouse Paul Simon. En realidade non era o seu primeiro álbum en solitario xa que en 1965 gravara o disco Paul Simon Song Book que se publicou unicamente en Gran Bretaña. Este álbum editouse en CD e foi remasterizado en 2004.

A principios de 1973 Paul Simon volveu ao estudo tardando apenas 6 meses en ter terminado o seu novo álbum, o que constitúe todo un récord na súa carreira, onde a miúdo a preparación dunha obra nova adoita levarlle uhha media de 18 meses. O froito foi There Goes Rhymin´ Simon, editado en xuño, un dos seus LPs máis otimistas e máis coesos, no que se palpa a influencia da música gospel. O álbum alcanzou o nº 2 das listas, gañando un disco de ouro. Del extraéronse como singles dous dos grandes clásicos na discografía de Simon: "Kodachrome" e "Loves Me Like A Rock". Outro tema do álbum, "American Tune", foi elixida pola revista Rolling Stone como Canción do Ano 1973. En maio, un mes antes da saída do disco, iniciou Paul Simon a súa primeira vira desde a ruptura con Garfunkel, facéndoo en Boston. En abril de 1974 un disco gravado en directo durante este tour foi editado baixo o título de Live Rhymin´.

O 18 de outubro de 1975, Simon and Garfunkel apareceron no programa de TV Saturday Night Live, cantando vellos temas xuntos e promocionando os seus iminentes novos discos en solitario. En decembro sae o novo LP de Simon, titulado Still Crazy After All These Years, realizado cos mellores músicos de sesión do momento e fortemente inspirado no jazz. As letras, agás incursións no xenocidio xudeu ou o béisbol, atópanse marcadas pola dura experiencia do recente divorcio do autor. O álbum foi un grande éxito, chegando a nº 1 e vendendo máis dun millón de exemplares. Nel incluíase a canción "My Little Town", gravada xunto a Garfunkel. Con todo, as cancións máis famosas deste disco serían "50 Ways To Leave Your Lover" e a que dá nome ao disco.

A cerimonia de entrega dos Grammy tivo lugar en marzo de 1976 e nela Paul Simon obtivo dous galardóns por "Still Crazy After All These Years", correspondentes a Álbum do Ano 1975 e a Mellor interpretación vocal masculina de 1975.

Decide por estas datas tomarse un respiro no que se refire á publicación de novo material, o segue actuando en directo, aparecendo en programas de televisión (memorable o seu dúo con George Harrison no Saturday Night Live) e facendo algún papel no cine (interpretou a produtor Tony Lacey na película de Woody Allen Annie Hall).

En febreiro de 1979 Paul Simon firma o seu novo contrato coa Warner, tras haber #ter que indemnizar a CBS con 1,5 millóns de dólares e entabla un longo litixio xudicial contra esta última compañía por negarse a pagarlle os royalties dos seus discos. Este preito fallaríase finalmente a favor de Paul, quen así mesmo conseguiría que Warner fixésese coa propiedade e volvese editar todos os seus discos en solitario gravados con CBS. O resto do ano pásao traballando no guión e nas cancións do seu próximo proxecto, a película One-Trick Pony.

En agosto lánzase o álbum que contén as cancións que compuxo para o filme e que como este leva por título One-Trick Pony o cal subiría ata a posición 12 dos hits nos Estados Unidos. En setembro extraeuse do mesmo o single "Late In The Evening", que se colocou no nº 6 das listas. Aínda que as cifras de vendas foron boas resultaron decepcionantes en comparación co grande éxito que alcanzou o álbum anterior.

Actuacións en vivo

editar

Paul Simon actuou en Galiza unha soa vez. O 18 de xullo de 1991 ofreceu un concerto no Coliseum da Coruña, dentro da súa xira Born At The Right Time, na que presentaba o seu máis recente álbum The Rythm of The Saints (1990).[3] O saxofonista Michael Brecker e o trompetista Chris Botti tamén participaron no concerto xunto cunha numerosa banda composta na súa maior parte por músicos africanos e brasileiros coma Vincent Nguini, Ray Phiri, John Selolwane, Armand Sabal-Lecco, Mingo Araújo, Dom Chacal e Cyro Baptista.

Discografía

editar
 
Paul Simon
  • Paul Simon (1972)
  • There Goes Rhymin' Simon (1973)
  • Paul Simon in Concert: Live Rhymin' (1974)
  • Still Crazy After All These Years (1975)
  • One Trick Pony (1980)
  • Hearts and Bones (1983)
  • Graceland (1986)
  • The Rythm of The Saints (1990)
  • Paul Simon's Concert in the Park (1991)
  • Songs from The Capeman (1997)
  • You're the One (2000)
  • Surprise (2006)
  • So Beautiful or So What (2011)
  • Stranger to Stranger (2016)
  • In the Blue Light (2018)
  • Seven Psalms (2023)
  1. Paul Simon | Biography lyricsfreak.com
  2. Bronson, Fred (2003). Billboard Books, ed. The Billboard Book of Number 1 Hits. ISBN 0-8230-7677-6. 
  3. "Paul Simon- You Can Call Me Al (Coruña, 18 Julio 1991)". 2019-07-16. Consultado o 2024-08-30.