Dustin Hoffman

actor estadounidense

Dustin Lee Hoffman, nado o 8 de agosto de 1937 nos Ánxeles, é un actor estadounidense.

Infotaula de personaDustin Hoffman

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Dustin Lee Hoffman Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de agosto de 1937 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónSanta Monica College
Neighborhood Playhouse School of the Theatre
Los Angeles High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura165 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de cinema , produtor de cinema , produtor de teatro , actor de televisión , actor de teatro , actor de dobraxe , actor de xénero , director de cinema , presentador de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1967 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLisa Hoffman (1980–)
Anne Byrne (–1980)
FillosJake Hoffman (pt) Traducir
 () Lisa Hoffman (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0000163 Allocine: 577 Rottentomatoes: celebrity/dustin_hoffman Allmovie: p94585 41816 Metacritic: person/dustin-hoffman TV.com: people/dustin-hoffman IBDB: 15122
BNE: XX1060027 Musicbrainz: 7b675798-6710-4923-883a-f3c52d04b10d Discogs: 550415 WikiTree: Hoffman-6410 Genius: Dustin-hoffman Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar
 
Dustin Hoffman.

Nun principio quixo ser médico, polo que estudou esta carreira universitaria. Con todo, durante os estudos decatouse de que quería ser actor, e comezou a actuar na Pasadena Playhouse nos Ánxeles, un teatro e unha escola de interpretación prestixiosa. Alí coincidiu con Gene Hackman, outro alumno que se convertería nun grande actor. Cando adquirira xa unha formación básica como intérprete, decidiu ir a Nova York para probar sorte no teatro.

En Nova York Hoffman tivo que realizar varios traballos pouco convencionais para gañarse a vida. Nunha ocasión conseguiu un papel pequeno nunha película para a televisión, e durante un verán foi de xira cunha compañía teatral de segunda orde. Hoffman desanimouse e dedicouse a dar clases durante un tempo. Por fin, en 1960 ofrecéronlle un papel nunha obra teatral, e ó ano seguinte actuou noutra. A pesar diso non tiña ingresos suficientes, polo que realizou de novo toda clase de traballos. Durante varios anos deixou o teatro e apuntouse á famosa escola de interpretación Actor's Studio, onde se formou como actor de método.

 
Hoffman nunha imaxe de 1989

En 1967 cambiou a sorte para Hoffman. Conseguiu o seu primeiro papel no cine, aínda que foi pequeno. Interveu tamén nunha comedia teatral, onde Mike Nichols o veu e decidiu ofrecerlle o papel principal en O graduado. Aínda que xa tiña 30 anos, Hoffman foi moi convincente no papel dun mozo que acababa de rematar os seus estudos universitarios. Conseguiu un nomeamento ó Oscar e, o que foi máis importante, converteuse da noite para a mañá nun actor extremadamente popular, sobre todo ante as audiencias xuvenís. Só dous anos despois, Hoffman repetiu o éxito, cando interveu xunto con Jon Voight en Cowboy de medianoite, película pola que obtivo a súa segunda nomeamento ó Oscar.

As seguintes películas que fixo Hoffman foron na súa maioría éxitos destacados. As súas interpretacións eran igual de boas en papeis cómicos que en papeis dramáticos. Coas películas Kramer contra Kramer e Rain Man gañou dous Oscar.

En 1974 volveu ó teatro, e cultivou tamén éxitos. Tamén interveu en películas e mini-series para a televisión, aínda que a súa prioridade foi sempre o cine.

Hoffman casou por primeira vez en 1969 e o matrimonio durou once anos. Volveu casar en 1980. Ten catro fillos do seu actual matrimonio, e unha filla da súa primeira esposa.

Filmografía

editar

Premios

editar
Ano Categoría Película Resultado
1997 Oscar ó mellor actor Wag the Dog Candidato
1988 Oscar ó mellor actor Rain Man Gañador
1982 Oscar ó mellor actor Tootsie Candidato
1979 Oscar ó mellor actor Kramer contra Kramer Gañador
1974 Oscar ó mellor actor Lenny Candidato
1969 Oscar ó mellor actor Cowboy de medianoite Candidato
1967 Oscar ó mellor actor O graduado Candidato
Ano Categoría Película Resultado
1998 Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical Wag the Dog Candidato
1997 Premio Cecil B. DeMille Gañador
1992 Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical Hook Candidato
1989 Globo de Ouro ó mellor actor - Drama Rain Man Gañador
1986 Globo de Ouro ó mellor actor en miniserie ou película feita para a televisión Death of a Salesman Gañador
1983 Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical Tootsie Gañador
1980 Globo de Ouro ó mellor actor - Drama Kramer contra Kramer Gañador
1977 Globo de Ouro ó mellor actor - Drama Marathon Man Candidato
1975 Globo de Ouro ó mellor actor - Drama Lenny Candidato
1970 Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical John and Mary Candidato
1970 Globo de Ouro ó mellor actor - Drama Cowboy de medianoite Candidato
1968 Globo de Ouro ó mellor actor - Comedia ou musical O graduado Candidato
1968 Globo de Ouro á nova estrela do ano - Actor O graduado Gañador

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar