Carrie Fisher

actriz estadounidense

Carrie Frances Fisher, nada en Beverly Hills (condado dos Ánxeles) o 21 de outubro de 1956 e finada nos Ánxeles o 27 de decembro de 2016, foi unha actriz estadounidense de cine e televisión. Foi coñecida principalmente por interpretar a princesa Leia Organa na triloxía orixinal de Star Wars.

Infotaula de personaCarrie Fisher

(2013) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Carrie Frances Fisher Editar o valor em Wikidata
21 de outubro de 1956 Editar o valor em Wikidata
Burbank, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte27 de decembro de 2016 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Ronald Reagan UCLA Medical Center, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónAgnosticismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónSarah Lawrence College (en) Traducir
Central School of Speech and Drama
High School de Beverly Hills (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura1,55 m Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosCastaño Editar o valor em Wikidata
Cor do peloCastanho-claro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de cinema , cantante , actriz de teatro , portavoz , script doctor (en) Traducir , produtora , actriz de televisión , guionista , novelista , escritora , dramaturga , actriz de dobraxe , actriz Editar o valor em Wikidata
Período de tempoSéculo XXI Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1969 Editar o valor em Wikidata - 2016 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePaul Simon (1983, 1983–1984)
ParellaBryan Lourd (en) Traducir (1991–1994)
Paul Simon Editar o valor em Wikidata
FillosBillie Lourd (pt) Traducir
 () Bryan Lourd (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisEddie Fisher Editar o valor em Wikidata  e Debbie Reynolds Editar o valor em Wikidata
IrmánsTodd Fisher (pt) Traducir, Joely Fisher (pt) Traducir e Tricia Leigh Fisher (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webcarriefisher.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0000402 Allocine: 5233 Rottentomatoes: celebrity/carrie_fisher Allmovie: p89886 TCM: 62313 TV.com: people/carrie-fisher IBDB: 80327
Twitter: carrieffisher Musicbrainz: 04fb59cd-c27e-4fda-a280-2ce6f2a75d1a Songkick: 3526416 Discogs: 637386 WikiTree: Fisher-6309 Find a Grave: 174497164 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla do cantante Eddie Fisher e da actriz Debbie Reynolds, tiña un irmán máis novo, Todd Fisher. Os seus avós paternos eran inmigrantes xudeus procedentes de Rusia; por parte materna os seus devanceiros procedían de Inglaterra e Escocia.

Apareceu nalgunhas producións coa súa nai antes de comezar o seu primeiro traballo de cine, cando interpretou a sedutora moza de Warren Beatty en Shampoo (1975), de Hal Ashby.

Dous anos despois obtivo o papel polo que sería amplamente recoñecida, a Princesa Leia Organa, na inicialmente coñecida como A guerra das galaxias (1977), unha interpretación que repetiu nas continuacións O imperio contraataca (1980), O retorno do Jedi (1983) e, 32 anos máis tarde, en Star Wars: The Force Awakens (2015). Entre medias, en 1980, apareceu en Os Blues Brothers.

Despois destes éxitos loitou contra a dependencia das drogas e o alcohol e viviu un feliz matrimonio co cantante Paul Simon.

A súa carreira cinematográfica resentiuse e interpretou papeis en filmes de menor peso como Under the Rainbow (1981) e Hollywood Vice Squad (1986), mais tamén na gañadora de tres premios Óscar de 1986 Hannah e as súas irmás. A partir de entón traballou como actriz secundaria en comedias como o éxito Cando Harry atopou a Sally (1989), Sibling Rivalry (1990) e Soapdish (1991).

Foi entón cando se revelou como escritora, publicando a novela semi autobiográfica Postcards from the Edge. En 1990 o director Mike Nichols encargoulle o guión para a adaptación ao cine do seu libro, con Shirley MacLaine no papel da nai. Fisher seguiu escribindo e publicou outras novelas como Surrender the Pink e Delusions of Grandma.

En 2001 levou á pantalla outro guión seu: foi o telefilme These Old Broads, cun cuarteto protagonista de luxo formado pola súa nai Debbie Reynolds, a súa antiga inimiga Elizabeth Taylor, Shirley MacLaine e Joan Collins.

Fisher falou publicamente dos problemas que tivo coas drogas, a súa batalla co trastorno bipolar e a adicción aos antidepresivos no programa 20/20 da canle de televisión da ABC.

En setembro de 2009 publicou unha biografía chamada Wishful Drinking, un éxito de vendas nos Estados Unidos; nela narraba as súas experiencias en clave de humor, ríndose da súa tendencia ao alcoholismo e os seus fracasos matrimoniais.[1]

Nunha entrevista en outubro de 2010, mentres se atopaba en Sidney, Australia, Carrie confesou a súa forte adicción á cocaína durante a rodaxe de O Imperio Contraataca (1980) e que sobreviviu a unha sobredose:

Aos poucos, deime conta de que estaba a usar as drogas un pouco máis que outras persoas e que estaba a perder o control sobre elas.(...) Deille tanto á cocaína en Star Wars, que mesmo John Belushi me dixo que tiña un problema".[2][3]

Falecemento editar

O 23 de decembro de 2016, Carrie Fisher sufriu un infarto masivo mentres se atopaba nun voo que a trasladaba de Londres aos Ánxeles, aplicándose inmediatamente medidas de reanimación. Foi trasladada a un centro médico da cidade en estado grave. A popular actriz norteamericana atopábase realizando a xira de promoción do seu novo libro, The Princess Diarist. Máis tarde, o seu irmán Todd Fisher confirmou que estaba en condición estable e recuperándose do ataque.[4] Carrie Fisher faleceu o 27 de decembro de 2016 nos Ánxeles tras permanecer hospitalizada nun centro médico da cidade durante catro días; un comunicado da súa filla Billie Lourd confirmou o deceso.[5]

Filmes, series e videoxogos editar

Ano Título Rol Notas
1975 Shampoo Lorna Carp
1977 A guerra das galaxias Princesa Leia Organa
Come Back, Little Sheba Marie
1978 Ringo Marquine
Leave Yesterday Behind Marnie Clarkson
The Star Wars Holiday Special Princesa Leia Organa
1980 O imperio contraataca Princesa Leia Organa
Os Blues Brothers Mistery Woman
1981 Under the Rainbow Annie Clark
1982 Laverne & Shirley Cathy Serie de televisión, 1 episodio: "The Playboy Show"
1983 O retorno do Jedi Princesa Leia Organa
1984 Faerie Tale Theatre Thumbelina Serie de televisión, 1 episodio: "Thumbelina"
Garbo Talks Lisa Rolfe
Frankenstein Elizabeth Filme para televisión
1985 From Here to Maternity Verónica Curtametraxe
Man with One Red Shoe, TheThe Man with One Red Shoe Paula
George Burns Comedy Week Serie de televisión, 1 episodio: "The Couch"
Happily Ever After Alice Conway Voz
1986 Hannah e as súas irmás April
Hollywood Vice Squad Betty Melton
Liberty Emma Lazarus
Sunday Drive Franny Jessup
1987 Amazing Stories Laurie McNamara Serie de televisión, 1 episodio: "Gershwin's Trunk"
Paul Reiser Out on a Whim Filme para televisión
Amazon Women on the Moon Mary Brown Segmento: "Reckless Youth"
Time Guardian, TheThe Time Guardian Petra
1988 Appointment with Death Nadine Boynton
1989 The 'burbs Carol Peterson
Loverboy Mónica Delancy
Two Daddies Alice Conway Voz
She's Back Beatrice
Cando Harry atopou a Sally Marie
Trying Times Enid Serie de televisión, 1 episodio: "Hunger Chic"
1990 Sweet Revenge Linda
Sibling Rivalry Iris Turner-Hunter
1991 Drop Dead Fred Janie
Soapdish Betsy Faye Sharon
Hook Muller bicándose nunha ponte
1992 This Is My Life Claudia Curtís
1994 Super Star Wars: Return of the Jedi Princesa Leia Organa Videoxogo
1995 Present Tense, Past Perfect
Frasier Phyllis Serie de televisión, 1 episodio: "Phyllis". Voz
1997 Austin Powers: International Man of Mystery Terapeuta
Gun Nancy Serie de televisión, 1 episodio: "The Hole"
1998 Dr. Katz, Professional Therapist Roz Katz Serie de televisión, 1 episodio: "Thanksgiving"
1999 Return of the Ewok Curtametraxe (filmada en 1983)
2000 Scream 3 Bianca
2001 These Old Broads Hooker
Heartbreakers Ms. Surpin
Jay and Silent Bob Strike Back Nun
2002 Midsummer Night's Rave, AA Midsummer Night's Rave
Nero Wolfe Mystery, AA Nero Wolfe Mystery Ellen Tenzer Serie de televisión, episodio de dúas partes: "Motherhunt"
2003 Charlie's Angels: Full Throttle Madre superiora
Wonderland Sally Hansen
Good Morning, Miami Judy Silver Serie de televisión, 1 episodio: "A Kiss Before Lying"
Sex and the City Ela mesma Serie de televisión, 1 episodio: "Sex and Another City"
2004 Stateside Mrs. Dubois
Jack & Bobby Madison Skutcher Serie de televisión, 1 episodio: "The First Lady"
2005 Undiscovered Carrie
Smallville Pauline Kahn Serie de televisión, 1 episodio: "Thirst"
Romancing the Bride Edwina
2005 Family Guy Angela Serie de televisión, episodios: "Jungle Love", "The Courtship of Stewie's Father", "Hell Comes to Quahog", "Whistle While Your Wife Works", "It Takes a Village Idiot, and I Married One", "Tales of a Third Grade Nothing", "Peter-assment", "Baby, You Knock Me Out", "Road to the North Pole", "Friends of Peter G.", "Peter-Assment"
2007 Suffering Man's Charity Reporteira
Cougar Club Glady Goodbey
Odd Job Jack Dr. Finch Serie de televisión, 1 episodio: "The Beauty Beast"
Weeds Celia's attorney Serie de televisión, 1 episodio: "The Brick Dance"
Side Order of Life Dr. Gilbert Serie de televisión, 1 episodio: "Funeral for a Phone"
30 Rock Rosemary Howard Serie de televisión, 1 episodio: "Rosemary's Baby"
2008 Women, TheThe Women Bailey Smith
Robot Chicken: Star Wars Episode II Princesa Leia Organa, Mon Mothma, Krayt Dragon's Mother Filme para televisión. Voz
2009 Fanboys
White Lightnin' Cilla
Sorority Row Mrs. Crenshaw
2010 Wright vs. Wrong Joan Harrington
Entourage Anna Fowler Serie de televisión, 1 episodio: "Tequila and Coke"
Family Guy Mon Mothma Serie de televisión, 1 episodio: "It's a Trap". Voz
A Quiet Word With ... Ela mesma Serie de televisión australiana, 1 episodio:[6]
2011 The Talk Ela mesma Serie de televisión norteamericana
2012 It's Christmas, Carol! Eve Filme rodado para televisión da canle Hallmark
Dishonored Voz Videoxogo
Comedy Central Roast Ela mesma The Roast of Roseanne Barr
2014 Maps to the Stars Ela mesma
The Big Bang Theory Ela mesma Serie de televisión, temporada 7, episodio 14: "The Convention Conundrum"
2015 Star Wars Episode VII: The Force Awakens Xeneral Leia Organa
 
Carrie Fisher (dereita) xunto a Wim Wenders en 1978

Premios e nomeamentos editar

Premios BAFTA
Ano Categoría Filme Resultado
1990 Mellor guión adaptado Postcards from the Edge Nomeada
2012[7] Outstanding Variety, Music Or Comedy Special - 2011 Wishful drinking Nomeada
2012 Outstanding Picture Editing For A Special (Single Or Multi-Camera) - 2011 Wishful drinking Nomeada

Notas editar

  1. "Carrie Fisher, eterna princesa Leia, lleva el monólogo sobre su vida a la TV". www.20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). 2010-12-11. Consultado o 2020-02-01. 
  2. http://www.dailymail.co.uk/tvshowbiz/article-1319676/Carrie-Fishers-drug-shame-I-did-cocaine-set-Empire-Strikes-Back.html
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2010. Consultado o 24 de decembro de 2016. 
  4. "Carrie Fisher, en condición estable tras sufrir un ataque cardiaco". ELMUNDO (en castelán). 2016-12-23. Consultado o 2020-02-01. 
  5. Biobichile. "Aos 60 anos falece Carrie Fisher, a recordada Princesa Leia". Chile. Consultado o 27 de decembro de 2016. 
  6. "A Quiet Word With Carrie Fisher". Official site. Australian Broadcasting Corporation. Consultado o 31 de xullo de 2011. 
  7. Television Academy. "Carrie Fisher In Wishful Drinking" (en inglés). Consultado o 22 de xuño de 2014.