Soft rock

estilo de música

Soft rock ou light rock é un estilo de música que usa as técnicas da música rock (a miúdo combinadas con elementos do folk rock) para compoñer un son máis suave e atenuado.

Soft rock
Orixe musicalrock and roll, pop rock, folk, folk rock
Orixe culturalfinais dos 60 nos Estados Unidos e o Reino Unido
Instrumentos típicosguitarra eléctrica e acústica, baixo, guitarra de doce cordas, batería, piano, sintetizador

Historia editar

O hard rock estableceuse como un xénero mainstream cara 1968. Dende finais dos 60, fíxose común dividir a música rock entre rock duro e rock suave, emerxendo ámbolos dous como os principais formatos nas radios dos Estados Unidos. O soft rock adoitaba a derivar do folk rock, usando instrumentos acústicos e poñendo máis énfase na melodía e nas harmonías. Os principais artistas do xénero son Carole King, Cat Stevens, James Taylor e Bread. As cancións soft rock xeralmente tenden a centrarse en temas como o amor, o día a día e as relacións. O estilo adoita a facer un uso máis pesado da guitarra acústica, do piano, dos sintetizadores a ás veces dos saxofóns. As guitarras eléctricas no soft rock normalmente son leves e agudas.

O 1 de abril de 1970, Phil Spector remesturou o sinxelo dos Beatles "The Long and Winding Road" cunha orquestra sinfónica, dándolle unha aparencia "Middle of the road" e un son rock máis suave do habitual nos anos 60, a epca do apoxeo do acid rock. Spector fixo isto sen o coñecemento dos Beatles, e co escándalo resultante a banda separouse aos poucos días, aínda que a canción converteríase nun influente éxito. A versión de The Carpenters de "(They Long to Be) Close to You" ese mesmo verán, seguida polo tema de Bread "Make It with You", foron as precursoras dun son máis suave que acabaría por dominar as listas.

Acadou o seu pico comercial de mediados a finais dos anos 70 con artistas como Albert Hammond, Elton John, Chicago, Don McCleen, England Dan & John Ford Coley, Grass Roots, Seals and Crofts, America e a reformada Fleetwood Mac, da que Rumours (1977) sería o álbum máis vendido da década. Cara 1977, algunhas emisoras de radio pasáronse a un formato totalmente soft rock. Nos 80 os gustos cambiaron e os formatos de radio reflectiron este cambio.

Soft rock artist editar