O graduado

filme de 1967 dirixido por Mike Nichols

O graduado (en inglés: The Graduate) é un filme estadounidense dirixido por Mike Nichols[3] que se estreou en 1967. Baséase na novela homónima de Charles Webb. Gañou un Oscar ó mellor director, e obtivo seis nomeamentos. En 1996, a película foi considerada «cultural, histórica e esteticamente significativa» pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos e seleccionada para a súa preservación no National Film Registry.[4]

O graduado
Ficha técnica
Título orixinalThe Graduate
DirectorMike Nichols
ProdutorJoseph E. Levine
Lawrence Turman
GuiónCalder Willingham
Buck Henry
Baseado enThe Graduate de Charles Webb
IntérpretesAnne Bancroft
Dustin Hoffman
Katharine Ross
William Daniels
Murray Hamilton
Elizabeth Wilson
MúsicaDave Grusin
Paul Simon
FotografíaRobert Surtees
MontaxeSam O'Steen
DistribuidoraEmbassy Pictures (EUA)
United Artists (non-EUA)
Estrea 22 de decembro de 1967
Galicia 30 de abril de 1991 (TVG)
Duración105 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$3 000 000
Recadación104 900 000[2]
Na rede
http://www.mgm.com/#/our-titles/772/The-Graduate/
IMDB: tt0061722 Filmaffinity: 359061 Allocine: 8182 Rottentomatoes: m/graduate Mojo: graduate Allmovie: v20431 TCM: 18530 Metacritic: movie/the-graduate TV.com: movies/the-graduate Netlix: 555221 Editar o valor en Wikidata

Emitiuse en galego na TVG o 30 de abril de 1991.[5]

Sinopse

editar

Benjamin (Dustin Hoffman) acaba de graduarse da universidade e volve a casa a pasar unhas vacacións. O matrimonio Robinson, amigos dos seus pais de hai anos, interésase por el. O marido quere que saia coa súa filla Elaine (Katharine Ross), mentres que a súa esposa, a señora Robinson (Anne Bancroft) desexa ter relacións sexuais con el.

Logo de atoparse varias veces coa señora Robinson, quen lle prohibe ver a súa filla, Benjamin namórase de Elaine. Cando todo sae á luz, Benjamin atópase só e abandonado. Aínda así, loita para ver a Elaine e expresarlle os seus sentimentos.

Personaxes

editar

Banda sonora

editar

A banda sonora desta película está formada por cancións do dúo Simon and Garfunkel e foron compostas por Paul Simon. A maioría das cancións xa foran publicadas anteriormente, agás o éxito "Mrs. Robinson" que foi escrito para a película.

Galardóns e nomeamentos

editar
  1. United Artists, ed. (1 de xullo de 1970). "THE GRADUATE (AA)". British Board of Film Classification. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 20 de setembro de 2013. 
  2. "The Graduate, Box Office Information". Box Office Mojo. Consultado o 8 de marzo de 2012. 
  3. Kaplan, Mike (1983). Variety's Film Reviews (1964-1967) (en inglés) XI. Education-Garla. p. 6. ISBN 978-0824052102. 
  4. "U.S. National Film Registry -- Titles". Arquivado dende o orixinal o 13-05-2017. Consultado o 01-06-2017. 
  5. "Televisión - Viernes 30". ABC. 30 de abril de 1991. Consultado o 16 de setembro de 1991. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar