Mikhail Igorevich Peschkowsky, nado en Berlín, Alemaña o 6 de novembro de 1931 e finado o 19 de novembro de 2014 en Nova York,[1] foi un director de cinema e de teatro estadounidense de orixe alemá.[2] Era coñecido como Mike Nichols.

Infotaula de personaMike Nichols

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Michael Igor Peschkowsky Editar o valor em Wikidata
6 de novembro de 1931 Editar o valor em Wikidata
Berlín, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte19 de novembro de 2014 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Chicago Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , director teatral , actor de cinema , realizador , actor , guionista , produtor de cinema , humorista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1955 Editar o valor em Wikidata - 2014 Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalElaine May: Nichols and May (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeDiane Sawyer (1988–2014), morte da persoa
Annabel Davis-Goff (1975–1986), divorcio
Margot Callas (1963–1974), divorcio
Patricia Scott (1957–1960), divorcio
FillosDaisy Nichols (en) Traducir
 () Margot Callas (en) Traducir
Max Nichols (en) Traducir
 () Annabel Davis-Goff (en) Traducir
Jenny Nichols (en) Traducir
 () Annabel Davis-Goff (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisPavel Nicholaiyevitch Peschkowsky (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Brigitte Landauer Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0001566 Allocine: 2614 Rottentomatoes: celebrity/mike_nichols_4 Allmovie: p104435 TCM: 140926 TV.com: people/mike-nichols IBDB: 7767
Spotify: 0zYLb865XyvxUlIfbcX4qX iTunes: 57794 Musicbrainz: 99ba51f2-928e-46ce-845f-16f5d725c6ce Songkick: 1520165 Discogs: 585569 WikiTree: Peschkowsky-1 Find a Grave: 139002847 Deezer: 1111029 Editar o valor em Wikidata


Elaine May e Mike Nichols en 1960.

Traxectoria editar

Fillo dunha xudía alemá e dun inmigrante ruso nado en Viena. Dada a situación perigosa para os xudeus en Alemaña, seu pai fuxiu aos Estados Unidos en 1939, e pouco tempo despois chegou Nichols xunto co seu irmán máis novo. A nai e o resto da familia fuxiron a través de Italia e reuníronse con eles en Nova York, onde cambiaron o seu apelido polo de Nichols.[3]

Mentres estudaba medicina na Universidade de Chicago, comezou a faltar a clases para ir ao teatro. Finalmente deixou a universidade para ingresar no Actor’s Studio.

A súa carreira artística comezou facendo un dúo cómico con Elaine May, con que actuou por todo o país cun grande éxito[4] e coa gravación do programa en disco gañaron un Grammy en 1961 ao mellor álbum de comedia.[1] Pouco despois separáronse e comezou a carreira en solitario de Nichols.

Tras dirixir varias obras teatrais foi contratado para levar ao cine ¿Quen teme a Virginia Woolf?, de Edward Albee. O filme foi un grande éxito, conseguindo trece candidaturas ao Óscar. O seu seguinte filme, O graduado, converteuse no máis exitoso do ano 1967 e con el gañou o Óscar ao mellor director. A pesar destes éxitos seguiu dirixindo tamén teatro.

Nos oitenta recuperou o éxito perdido no cinema con Silkwood e Working Girl. E máis adiante tamén triunfou na televisión con Wit e Angels in America.

Nichols faleceu cando tiña 83 anos por mor dun infarto en Nova York, o 19 de novembro de 2014.[4]

Premios editar

Data Modalidade Título Premio Categoría
1961 Disco An Evening With Mike Nichols And Elaine May Grammy Mellor disco de comedia
1964 Teatro Barefoot in the Park Tony Mellor director
1965 Teatro Luv: The Odd Couple Tony Mellor director
1967 Película O graduado Óscar Mellor director
BAFTA Mellor director
Globo de Ouro Mellor película cómica ou musical
1968 Teatro Plaza suite Tony Mellor director
1972 Teatro The Prisoner of Second Avenue Tony Mellor director
1977 Película Annie Tony Mellor musical
1984 Teatro The Real Thing Tony Mellor obra
2001 Telefilme Wit Emmy Mellor TV Movie
Mellor director TV Movie
2004 Telefilme Angels in America Emmy Mellor TV Movie
Mellor director TV Movie
2005 Teatro Spamalot Tony Mellor director musical
2012 Teatro Death of a Salesman Tony Mellor director

Tamén foi nomeado candidato aos premios Óscar como Mellor director en 1966 (Who's Afraid of Virginia Woolf?), 1983 (Silkwood) e 1988 (Working Girl).

Obra editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Mike Nichols". britannica.com. Consultado o 05-11-2018. 
  2. Gates (2010), pp. 14-33
  3. Sabato, Michelle (21-04-2017). "The Beginner’s Guide: Mike Nichols, Director". filminquiry.com. Consultado o 05-11-2018. 
  4. 4,0 4,1 "Muere Mike Nichols, el director de ‘El graduado’". elpais.com. 20-11-2014. Consultado o 05-11-2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gates Jr, Henry Louis (2010). Faces of America: How 12 Extraordinary People Discovered Their Pasts (en inglés). Nova York: New York University Press. ISBN 9780814732649. 

Ligazóns externas editar