Abrir o menú principal

Os premios Emmy son galardóns que se entregan anualmente como premio á excelencia na industria da televisión estadounidense.

Índice

OrganizaciónsEditar

Tres organizacións separadas, pero relacionadas, presentan os premios Emmy:

Os máis coñecidos son os Premios Primetime Emmy, seguido polos Premios Daytime Emmy, tendo ambos as súas propias categorías dos Emmy ás Artes Creativas (Creative Arts Emmys).

HistoriaEditar

Os premios Emmy foron entregados por primeira vez o 25 de xaneiro de 1949 no Hollywood Athletic Club. Os trofeos dos Premios Emmy son fabricados por unha compañía privada no cárcere de máxima seguridade O Dorado Correctional Facility, n'O Dourado, Kansas.

O nome Emmy tivo as súas orixes no termo Immy, que se usou nos primeiros tempos da televisión para identificar o tubo de rexistro de imaxes das cámaras. As iniciais da palabra "imaxe" en diminutivo, Immy, transformáronse no nome Emmy, de carácter máis feminino. A estatuilla, que representa a unha muller, deseñouna o enxeñeiro Louis McManus, cuxo modelo foi a súa propia esposa. A súa estatua foi a última en chegar das 48 que se presentaron ó concurso convocado, e foi a que gañou a competición.

As ás representan a musa da arte e o átomo representa o "electrón da ciencia".

Véxase taménEditar