¿Quen teme a Virginia Woolf?
¿Quen teme a Virginia Woolf? (inglés: Who's Afraid of Virginia Woolf?) é un filme dramático estadounidense de 1966, dirixido por Mike Nichols. O guión é unha adaptación da obra teatral homónima, escrita por Edward Albee.
¿Quen teme a Virginia Woolf? | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Who's Afraid of Virginia Woolf? |
Director | Mike Nichols |
Produtor | Ernest Lehman |
Guión | Ernest Lehman |
Baseado en | Who's Afraid of Virginia Woolf?, de Edward Albee |
Intérpretes | Elizabeth Taylor Richard Burton George Segal Sandy Dennis |
Música | Alex North |
Estrea | 21 de xuño de 1966 |
Duración | 132 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | 7,5 millóns de dólares |
Recadación | 40 millóns de dólares |
Lingua | inglés |
Na rede | |
|
En 2013, foi seleccionado para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos como "cultural, histórica ou esteticamente significativa".[2]
Argumento
editarMartha e George forman un matrimonio de mediana idade, intelectuais, que se aman e se odian. Despois dunha festa na casa do pai de Martha, o presidente da universidade en que George dá clases, a parella volve á súa residencia e, bastante embriagados, acollen a Nick e Honey, unha parella de mozos que tamén estaba na festa e que vive lonxe. Nick é tamén profesor na universidade.
Avergoñados polo clima tenso entre George e Martha, que acaban de ter unha violenta discusión, os mozos comezan a beber tamén xunto aos seus anfitrións. Martha insinúase abertamente a Nick e humilla a George que, despeitado, "inventa" un "xogo da verdade", inducindo as persoas ao seu arredor a confesaren detalles íntimos.
Elenco
editar- Elizabeth Taylor como Martha
- Richard Burton como George
- George Segal como Nick
- Sandy Dennis como Honey
Premios
editarO filme foi o segundo (tras Cimarron) en ser candidata aos premios Oscar en todas as categorías nas que podía ser elixíbel (filme, director, actor, actriz, actor e actriz secundarios, guión, dirección artística, fotografía, son, deseño de vestiario, música e montaxe). Os catro actores foron candidatos ao Oscar e gañárono Elizabeth Taylor (mellor actriz) e Sandy Dennis (mellor actriz secundaria). Tamén gañou os premios á mellor fotografía en branco e negro (Haskell Wexler), mellor dirección artística en branco e negro e mellor vestiario en branco e negro.[4]
Nos premios da BAFTA gañou os de mellor filme, mellor actor británico (Richard Burton) e mellor actriz británica (Elizabeth Taylor). Taylor recibiu tamén o New York Film Critics Circle Awards á mellor actriz.
Notas
editar- ↑ "WHO'S AFRAID OF VIRGINIA WOOLF? (X)". Warner Bros. British Board of Film Classification. 27-6-1966. Arquivado dende o orixinal o 26-09-2013. Consultado o 21-9-2013.
- ↑ "Library of Congress announces 2013 National Film Registry selections" (Nota de prensa). Washington Post. 18-12-2013. Consultado o 18-12-2013.
- ↑ La Voz de Galicia, 17 de maio de 1986. Páx. 63
- ↑ "NY Times: Who's Afraid of Virginia Woolf?". NY Times. Consultado o 2008-12-26.