Haskell Wexler

Haskell Wexler, nado en Chicago (Illinois) o 6 de febreiro de 1922 e finado en Santa Monica (California) o 27 de decembro de 2015 foi un director de fotografía, produtor e director de cinema estadounidense. Foi considerado un dos máis influentes directores de fotografía da historia.[2]

Haskell Wexler
Haskell Wexler at annual Office of the Americas event (cropped).jpg
Wexler en 2008
Nacemento6 de febreiro de 1922
LugarChicago (Illinois)
Falecemento27 de decembro de 2015 (93 anos)
LugarSanta Monica (California)
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Educado enUniversidade de California en Berkeley, Roger C. Sullivan High School e Francis W. Parker School
Cónxuxe(s)Nancy Ashenhurst (?-?)
Marian Witt (?-?)
Rita Taggart (1989-?)[1]
FillosMark Wexler
ProfesiónDirector de fotografía, produtor, director
Na rede
http://haskellwexler.com/
IMDB: nm0005549 Allocine: 41491 Allmovie: p116529
Discogs: 3039267 Find a Grave: 156414971 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Wexler naceu en Chicago en 1922, nunha familia xudía.[3] Tras un ano na Universidade de California, Berkeley decidiuse converterse en cineasta. En Chicago realizou varios documentais, como The Living City, que foi candidato ao Oscar á mellor curtametraxe documental.

En 1947 converteuse en axudante de cámara, traballando en documentais, docudramas e anuncios para a televisión. En 1963 traballou por primeira vez nun filme de grande orzamento, América, América, de Elia Kazan.

Foi candidato ao Oscar á mellor fotografía en cinco ocasións, e gañouno por ¿Quen teme a Virginia Woolf? (1966) e Bound for Glory (1976). Este último foi o primeiro filme no que se empregou a Steadicam.

Wexler tamén dirixiu filmes como Medium Cool (1969), Latino (1985) e From Wharf Rats to Lords of the Docks (2007).[4]

FilmografíaEditar

NotasEditar

  1. http://www.filmreference.com/film/2/Haskell-Wexler.html
  2. "Top 10 Most Influential Cinematographers Voted on by Camera Guild". PRNewswire. 16 de outubro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2014. Consultado o 17 de xaneiro de 2014. 
  3. "Haskell Wexler: The Hollywood Interview". Haskell Wexler's personal blog. Arquivado dende o orixinal o 02-02-2014. Consultado o 17-1-2014. 
  4. "From Wharf Rats to the Lords of the Docks: The Life and Times of Harry Bridges". The Harry Bridges Project. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2009. Consultado o 29 de decembro de 2015. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar