O steadycam, inventado no 1976 por Garret Brown, é o sistema de estabilización de cámara máis popular na actualidade.

John E Fry Steadicam Operator UK.

Consiste nun sistema de suspensión e un brazo recto mecánico con soporte para a cámara e un sistema de contrapesos unido por un arnés e un chaleco co operador, que facilitan o labor de gravación nas tomas largas, xa que o peso se traslada por todo o corpo da persoa.

Utilizando a steadycam, e posible capturar a acción e mostrar imaxes similares ao punto de vista subxectivo do personaxe, sen causar movementos bruscos involuntarios ou por falta de concentración no tiro do operador, xa que os illa, e permite un tiro de cámara suave, incluso cando se move rapidamente sobre unha superficie irregular. O pouco tempo da súa invención, no 1980, Stanley Kubrick o utilizaría en The Shining, película que popularizaría as súas vendas.

Steadycam é agora unha marca rexistrada pola empresa Tiffen, aínda hai outros fabricantes que comercializan estabilizadores baseados no mesmo funcionamento, e de distintos tipos, como a Glidecam, a Bodycam, a FlightStick, a EasyRig...

Técnica editar

A steadycam esta composto por tres partes:

  • arnés
  • brazo mecánico
  • soporte preparado para a cámara.

A funcionalidade da steadycam baséase nestas tres partes. Os máis simples, son a miúdo empregados con cámaras de man nun lado, colocada no soporte, e un sistema de contrapesos no outro, que xeralmente está composto polas baterías e o monitor. O arnés colócase ao redor do torso e os ombros para crear un contorno seguro para a cámara. Debido a que esta subxección leva a maior parte do peso da cámara por un complexo sistema de poleas, axuda a manter o equilibrio, e o operador ten menos posibilidade de producir fatiga nos brazos. Porén, o manexo de steadycam fai que só un operador experimentado obteña unhas imaxes fluídas.

As cámaras máis grandes cárganse nun soporte controlado hidraulicamente que axudan o operador de cámara a exercer a enerxía suficiente para manter a cámara estable. As grandes estruturas de estabilización poden incluír asentos para o operador, e deixar espazo para a mellor toma de ángulo de enfoque e a lente. Estes soportes de gran tamaño funcionan como trípodes mellorados.

Uso en películas editar

A steadycam e un sistema de grande uso no mundo audiovisual, como eventos deportivos, entrevistas, reportaxes, pero sobre todo en películas como :

Vantaxes e desvantaxes editar

 
Segway Steadicam.

Entre as vantaxes da steadycam atopamos o seu prezo, que posibilitou por exemplo substituír o travelling, dado o seu menor custo e a posibilidade de realizar movementos máis complexos, como subir escaleiras, gravacións en terreos accidentados, ou xiros en 360º sobre un obxecto. Ao mesmo tempo, tamén afeccionados poden comprar en tendas varios tipos de arneses para mellorar a calidade das súas cintas caseiras.

Entre as desvantaxes, atopamos o seu peso, aínda que o chaleco ou body axudan a súa manipulación, é necesario que o operador descanse cada certo tempo, e na maioría dos casos terminan padecendo diferentes lesións de costas.

Outros tipos de estabilizadores ou soportes de cámara editar

  • Gildecam: parecida á steadycam, pero pensada para un uso menos profesional, aínda que de gran calidade. Permite tomar panorámicas de 360º e inclinación de máis de 270º.
  • Bodycam: como a steadycam, reduce a inestabilidade en movementos como correr ou subir escaleiras, ademais ten maior mobilidade que un dolly.
  • FlightStick: engade un peso na parte baixa do trípode e un monitor.
  • EasyRig: sistema baseado nunha liña de suspensión que parte das costas e distribúe adecuadamente o peso da cámara ata as cadeiras.

Véxase tamén editar