John Michael Crichton, nado en Chicago (Illinois) o 23 de outubro de 1942 e finado nos Ánxeles (California) o 5 de novembro de 2008, foi un escritor, produtor e médico estadounidense.

Michael Crichton
Nome completoJohn Michael Crichton
AlcumeMichael Douglas, Jeffery Hudson e John Lange
Nacemento23 de outubro de 1942
 Chicago
Falecemento4 de novembro de 2008
 Os Ánxeles
CausaLinfoma
NacionalidadeEstados Unidos de América
RelixiónDeísmo
Alma máterFacultade de Medicina Harvard, Universidade Harvard, Harvard College e Roslyn High School
Ocupaciónguionista, produtor de cinema, director de cinema, novelista, médico escritor, escritor de ciencia ficción, escritor médico, produtor de televisión, escritor, baloncestista, programador e realizador
CónxuxeAnne-Marie Martin, valor descoñecido, valor descoñecido, valor descoñecido e valor descoñecido
XénerosAcción, aventuras, ciencia ficción e tecno-suspense
Coñecido/a porJurassic Park (novela)
PremiosEdgar Allan Poe Award for Best Novel, Academy Award for Technical Achievement e Premio Hugo á mellor presentación dramática
Na rede
http://www.michaelcrichton.com/
IMDB: nm0000341 Allocine: 1645 Rottentomatoes: celebrity/michael_crichton Allmovie: p86220 TV.com: people/michael-crichton
Facebook: officialcrichton Twitter: CrichtonWebsite Instagram: michaelcrichton_official Youtube: UC_LEZoYaMiOBvJCVqM0Ehyw Pinterest: crichtonwebsite iTunes: 2065004 Musicbrainz: cceb95f3-72d4-40a3-85de-28c0f26f6c9b Discogs: 3127210 WikiTree: Crichton-570 Find a Grave: 31148971 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Tras titularse en medicina en Harvard, empezou a súa carreira como escritor, guionista e produtor de cine. Algúns[quen?] chámano o pai do tecno-suspense.

Vendeu máis de 100 millóns de libros[Cómpre referencia], que foron traducidos a máis de trinta idiomas[Cómpre referencia], converténdose doce deles en películas de cine. Tamén é o creador da serie de televisión Urxencias. Foi a única persoa que tivo o libro número un, a película número un e a serie de televisión número un no mesmo instante[Cómpre referencia].

A súa novela State of Fear, de 2004, pon de manifesto o seu actual activismo escéptico, orientado a denunciar o que el considera o compoñente sensacionalista e relixioso do ecoloxismo, así como a incursión da política no campo da ciencia. É, por exemplo, moi crítico co consenso científico que existe en torno á actual teoría do quecemento global.

Pese á súa predilección polas novelas tecnocientíficas, Crichton carece de formación científica fóra da medicina, e o argumento dalgúns dos seus libros (como a posibilidade de recuperar o xenoma completo dun dinosauro en Jurassic Park ou a ausencia de relación entre o quecemento global e a actividade humana en "Estado de Medo") baséase en supostos científicos desenvolvidos por amigos próximos. Exemplo diso son as teorías matemáticas de Jurassic Park expostas por Alan Grant (paleontólogo no libro). A pesar da credibilidade dos seus argumentos, Michael Crichton especifica nos seus libros que se trata de novelas de ficción, polo que non hai que tomalas ó pé da letra.

En 1994 estreouse o filme Acoso, baseado na súa obra e protagonizado por Michael Douglas e Demi Moore, sendo tamén coprodutor da mesma.

Novelas editar

Ningunha das súas novelas foi publicada aínda en galego.

Vida persoal editar

Faleceu de cancro[1].

Notas editar

  1. Michael Crichton dies of cancer at 66, The Hollywood Reporter, 5/11/08

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar