Sphere (novela)
Sphere é unha novela escrita polo autor estadounidense Michael Crichton que foi publicada no ano 1987. Conta a historia de Norman Johnson, un psicólogo recrutado pola Armada dos Estados Unidos de América, que se une a un equipo de científicos para investigar unha nave espacial de orixe descoñecida descuberta no fondo do océano Pacífico. A novela comeza como unha historia de ciencia ficción pero transfórmase axiña nun triller psicolóxico que explora a natureza da imaxinación humana.
Sphere | |
---|---|
Título orixinal | Sphere |
Autor/a | Michael Crichton |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Ciencia ficción e suspense |
Editorial | Knopf |
Data de pub. | 12 de maio de 1987 |
Páxinas | 385 |
ISBN | ISBN 0-394-56110-4 |
Precedido por | Congo |
Seguido por | Jurassic Park |
[ editar datos en Wikidata ] |
Adaptación ó cine
editarO libro foi adaptado no filme Sphere de 1998, dirixido por Barry Levinson, protagonizado por Dustin Hoffman (Norman Johnson), Samuel L. Jackson (Harry Adams), Peter Coyote (Harold Barnes), Liev Schreiber (Ted Fielding) e Sharon Stone (Beth Halpern).
O filme conta a historia da novela mais con algunhas diferenzas. O filme recibiu críticas negativas e foi un fracaso de recadación. Puntuado cun 12% por Rotten Tomatoes (puntuación de audiencia de 39%) coa opinión consensuada: "Sphere presenta un elenco de nivel A que traballa con material de nivel B, cunha historia vista previamente en filmes superiores de ciencia ficción". O crítico de cine Roger Ebert describiu Sphere como "unha versión diluída do clásico de ciencia ficción Solaris de Stanisław Lem que se converteu nun filme inconmensurablemente mellor por Andrei Tarkovskii".[1]
Notas
editar- ↑ "Review Sphere 1998". Consultado o 15 de novembro de 2017.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Sphere, filme baseado na novela.