Eaters of the Dead
Eaters of the Dead: The Manuscript of Ibn Fadlan Relating His Experiences with the Northmen in A.D. 922 (máis tarde publicado como The 13th Warrior para corresponderse coa adaptación cinematográfica da novela) é unha novela publicada en 1976 escrita por Michael Crichton. A novela conta a historia de Ahmad ibn Fadlan, un escritor e viaxeiro árabe do século X que escribiu unha crónica das súas viaxes como membro da embaixada do Califato Abasí de Bagdad cun grupo de viquingos que o levan a súa terra do norte.
Eaters of the Dead | |
---|---|
Título orixinal | Eaters of the Dead |
Autor/a | Michael Crichton |
Cuberta | Paul Bacon[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Novela histórica |
Editorial | Knopf |
Data de pub. | marzo de 1976 |
Páxinas | 288 |
ISBN | ISBN 0-394-49400-8 |
Precedido por | The Great Train Robbery |
Seguido por | Congo |
[ editar datos en Wikidata ] |
Crichton explica no apéndice que o libro está baseado en dúas fontes. Os tres primeiros capítulos contan a historia persoal de Ahmad ibn Fadlan e a súa experiencia cos viquingos. O resto do libro baséase na historia de Beowulf.
Adaptación no cine
editarA novela foi levada á gran pantalla no filme The 13th Warrior (1999), dirixido por John McTiernan e estreado por Walt Disney Pictures a través de Touchstone. O propio Crichton fixo algunha dirección sen acreditar despois de que Disney despedira a McTiernan por varias razóns, entre as cales estaba a incremento desproporcionado dos custos de produción. Antonio Banderas interpretou a Ibn Fadlan. Crichton escribiu que estaba "bastante satisfeito" co filme, malia recibir críticas mixtas e unha mala recepción por parte do público, recadando tan só $62 millóns dos máis de $100 millóns que custou.[2]
Notas
editar- ↑ Modern first editions - a set on Flickr
- ↑ Dirks, T. 2010. Greatest Box-Office Bombs, Disasters and Flops of All-Time. [Online] Filmsite.org (Updated 2010) p.11. Available at: http://www.filmsite.org/greatestflops.html (page 11) [Accessed 30 xullo de 2010].
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- The 13th Warrior, filme baseado na novela.