Beowulf (poema)

Beowulf é o heroe do poema épico anglosaxón homónimo, que foi escrito en inglés antigo en verso aliterativo. Con 3182 versos, contén moito máis material que calquera obra similar en seu mesmo idioma, e representa arredor do 10% do corpus existente do verso anglosaxón. O único manuscrito que se conservou data do século IX ou X. Aínda que o poema non ten título no manuscrito, chamáronlle Beowulf desde principios do século XIX. Ten dúas grandes partes: a primeira acontece durante a mocidade de Beowulf, e narra como acode en axuda dos daneses ou xutos, que sufrían os ataques dun xigante (Grendel), e tras matar a este, enfróntase á súa nai; na segunda parte Beowulf xa é o rei dos gautas e pelexa ata a morte cun dragón.

Beowulf
Beowulf.firstpage.jpeg
Primeira páxina do poema Beowulf.
Título orixinalBeowulf
Autor/aDescoñecido
LinguaInglés antigo
Xénero(s)Poesía
EditorialThorkelin (primeira publicación)
Galicia Rinoceronte Editora
Data de pub.1815
Galicia 2010
FormatoRústica con lapelas
Páxinas166 (gl)
ISBNISBN 978-84-92866-17-5 (gl)
TraduciónJorge L. Bueno Alonso

A súa importancia é equiparábel á do Cantar dos Nibelungos, do Cantar de Mío Cid, do Cantar de Roldán ou do Lebor Gabála Érenn (Libro das Conquistas de Irlanda). Estímase que o poema se redactou na primeira metade do século VI, aínda que este tema é obxecto de debate. A acción que narra sitúase nos séculos V-VI.

Foi traducido ó galego por Jorge L. Bueno Alonso directamente dende o anglosaxón e foi publicado polo selo editorial Rinoceronte Editora no ano 2010.[1]

ArgumentoEditar

Primeira parteEditar

 
Unha aproximación ás rexións centrais das tribos mencionadas no Beowulf. A área vermella é Västergötland (a rexión nuclear de Geatland), a área amarela é o territorio que gobernaban os wulfingas, á área rosa é o territorio dinamarqués. A área verde é o territorio dos suecos. A área azul representa a terra dos xutos, mentres que a área laranxa pertence aos frisios.

Desenvólvese en Dinamarca, onde o espléndido palacio de Heorot se ve asolado polos mortais asaltos do xigante-troll Grendel, que se ensaña cos criados e guerreiros do rei Hrothgar, devorándoos.

Inesperadamente, preséntase no palacio o mozo Beowulf, príncipe dos gautas de Gëatlantt (Suecia meridional), cun grupo dos seus partidarios e ofrece ao monarca destruír ao monstro. A primeira impresión de Hrothgar é de escepticismo fronte ás pretensións do descoñecido heroe, pero recíbeo xentilmente e ao cabo dun espléndido banquete, encoméndalle a tarefa ao recentemente chegado.

Grendel regresa esa mesma noite a Heorot, derruba as súas sólidas portas e devora a un dos guerreiros gauta. Beowulf é espertado polo rebumbio e acode en axuda da garda, trabándose en loita corpo a corpo co monstro, que só pode liberarse da súa presa perdendo a cambio un dos seus brazos e fuxindo mortalmente ferido. Beowulf pelexa sen armas.

Segunda parteEditar

Á mañá seguinte, todo é ledicia en Heorot, pero pola noite a nai de Grendel, moito máis monstruosa que o seu fillo, preséntase para o vingar. Mata a varios homes de Hrothgar e fere gravemente a cen deles.

Ao día seguinte, Beowulf segue o seu rastro a través da pradería ata a súa cova, onde a atopa. Mátaa e corta o seu corpo e o cadáver de Grendel, retornando a Heorot cos seus trofeos.

Terceira parteEditar

Transcorre no reino de Gëatlantt, onde un ancián Beowulf reinou por cincuenta anos despois de acontecer a Hygelac, morto en batalla. Na última etapa da súa vida, Beowulf disponse a se afrontar a un temíbel dragón, coa soa axuda do seu sobriño Wiglaf.

Un hábil e ousado ladrón logra penetrar na cova do dragón e rouba unha copa de prata incrustada de ouro e pedras preciosas, parte do inmenso tesouro que garda a besta. Enfurecido, o dragón asalta e destrúe a vila da ladrón, e mata a todos os seus habitantes.

Beowulf sae ao seu encontro para vingar á súa xente, pero a reacción do dragón asustou tanto aos seus súbditos que soamente Wiglaf se apresta para o acompañar. Despois dunha cruenta batalla, ambos logran acabar coa besta, pero Beowulf, gravemente ferido, encomenda ao seu sobriño se apoderar do tesouro e utilizalo para reconstruír o reino. Pasa o seu torque de ouro a Wiglaf, e confíalle o reino. Finalmente, Beowulf recibe un funeral viquingo: o seu corpo é colocado en barco funerario de madeira de carballo e impulsado mar adentro. O mesmo Wiglaf guinda unha lanza en chamas á balsa, incendiando os troncos, e o cadáver do monarca pérdese na distancia.

Outras versións afirman que foi enterrado segundo a súa vontade, nun montículo, a partir do que podía verse o mar e que levaría o seu nome.

Personaxes principaisEditar

  • Beowulf: Personaxe protagonista do poema épico anglosaxón homónimo, ambientado na Escandinavia medieval. Fillo adoptivo de Hygelac e posteriormente rei de Gëatlantt.
  • Grendel: Troll demoníaco que habitaba coa súa nai nunha cova nas marismas próximas a Heorot e que, ao inaugurarse a luxosa sala de Hrothgar, comezou a acosar os nobres que se reunían alí, matándoos, ata se apoderar do pazo. Finalmente é morto por Beowulf nun combate individual sen armas.
  • Hrothgar: Rei de Heorot, é o segundo de tres irmáns (os outros dous son Heorogar e Faga). O seu nome significa "Lanza veloz".
  • A nai de Grendel: descrita no poema como unha "troll femia", aínda que na mitoloxía escandinava todos os trolls son andróxinos. É morta por Beowulf en combate senlleiro no fondo dunha poza na cova onde habitaba con Grendel.
  • Wiglaf: sobriño de Beowulf, asísteo na súa batalla co dragón. Á morte de Beowulf, este dálle en herdanza o seu torque de ouro e encoméndalle o reino de Gëatlantt.

NotasEditar

  1. rinoceronte.gal (ed.). "Beowulf en galego". Consultado o 4 de decembro de 2020. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

Adaptacións cinematográficasEditar