Verso
Un verso (do latín versus, que significa "volto", por oposición a prorsus, de onde vén prosa, que significa "todo seguido") é un conxunto de palabras suxeitas a medida, ritmo e cadencia, ou só a cadencia, en contraposición á prosa, que non está sometida habitualmente a estes procedementos. Adoita ser a canle formal habitual de expresión da poesía lírica.
Convén distinguir claramente entre verso, que é unha forma literaria, e poesía lírica, que é un xénero literario. Se temos clara esta definición, entenderemos por que pode haber e hai, por exemplo, obras narrativas, dramáticas e didácticas escritas en verso e, inversamente, que existan poemas escritos en prosa no canto de en verso.
Compuxéronse versos en distintas culturas sempre en torno a un recurso literario concreto: así, a poesía hebrea compuxo versos fundándose só no paralelismo semántico. A poesía xermánica medieval, pola contra, fundábase na aliteración de polo menos tres palabras por cada verso e a poesía grecolatina clásica na repetición dunhas secuencias determinadas de sílabas longas e breves e a poesía europea tradicional na rima e o ritmo acentual. Por outra banda, o rexeitamento que as vangardas europeas do século XX, especialmente o Surrealismo, experimentaron pola tradición literaria, ata a métrica, introduciu un tipo de verso máis extenso, o versículo, que non rima nin posúe ritmo acentual, senón que funda a súa poeticidade en repeticións de motivos e campos semánticos.
Fernando Pessoa dicía no seu Libro do desasosego que a poesía se atopaba entre a prosa e a música. É así en tanto que o verso é unha prosa provista dalgúns dos elementos que forman a música, grazas ao cal toda canción con letra ha de estar escrita en verso para poderse adaptar á música instrumental. Eses elementos que adquire o verso da música son o tempo, o ritmo, o compás e a melodía. O tempo vén dado por unha velocidade de enunciación marcada polo número fixo de sílabas da recitación, o ritmo pola colocación ou situación fixa de determinados acentos, o compás pola alternancia de diferentes tipos de versos e estrofas e a melodía pola repetición dunha rima ou un refrán ou bordón concreto.
O verso adoita darse dentro dunha estrutura literaria fixa que se compón dunha métrica definida, un ritmo conseguido pola colocación das sílabas tónicas e átonas e unha rima recorrente; a estas secuencias fixas chámaselles estrofas. A disciplina que estuda as clases de versos e estrofas denomínase métrica.
Existe unha gran variedade de estruturas no verso, comezando por unha división inicial entre verso rimado ou con rima e o verso solto ou verso branco sen rima, pero cun número fixo de sílabas e cuns acentos concretos. Por outra banda, o verso libre é un verso sen rima nin cantidade preestablecida de sílabas.
A creación do verso remóntase cara ás composicións gregas clásicas, en que o verso non era rimado, senón que consistía na repetición de determinada secuencia de sílabas longas e breves e o compás acentual ou ictus.
O verso rimado ten unha orixe probable na rexión da Península Itálica no medievo, onde nacen composicións versificadas que persisten ata hoxe en día como no soneto, a canción ou o madrigal. Do latín vulgar, o seu paso ás linguas romances é sinxelo e atópanse composicións versificadas en rima e con metro dende o principio do idioma galego.
Composicións en verso
editar- Verso acataléctico: verso grego ou latino que ten cabais tódolos seus pés.
- Verso adónico: verso da poesía grega e latina, que consta dun dáctilo e un espondeo, e úsase xeralmente en combinación cos sáficos, de tres dos cales vai precedido en cada unha das estrofas de que forma parte.
- Verso agudo: Verso da poesía española, que consta de cinco sílabas, a primeira e a cuarta longas, e breves as demais, e ten o mesmo emprego que o adónico antigo e que termina en palabra aguda.
- Verso alcaico: verso da poesía grega e latina, que se compón dun espondeo, ou ás veces dun iambo, doutro iambo, dunha cesura e dos dáctilos. Outro verso do mesmo nome consta de dous dáctilos e dous troqueos.
- Alexandrino: de catorce sílabas, dividido en dous hemistiquios.
- Verso amebeo: Cada un dos de igual clase, con que falan ou cantan a competencia e alternativamente os pastores que se introducen nalgunhas églogas, como na terceira de Virxilio.
- Verso amétrico: non se suxeita a unha medida fixa de sílabas.
- Verso anapéstico: poesía grega e latina, verso composto de anapestos ou análogos.
- Verso asclepiadeo: verso da poesía grega e latina, que se compón dun espondeo, dous coriambos e un pirriquio. Mídese tamén contando un espondeo, un dáctilo, unha cesura e outros dous dáctilos.
- Verso asclepiadeo maior: que acaba con dous dáctilos e consta ademais dun espondeo e dous coriambos, ou sexa dun espondeo, un dáctilo, outro espondeo e un anapesto, e asclepiadeo menor.
- Verso cataléctico: verso da poesía grega e latina, ao que lle falta unha sílaba ao fin, ou no cal é imperfecto algún dos pés.
- Verso coriámbico: consta de coriambos.
- Verso dactílico: consta de dáctilos. Verso de arte maior, de doce sílabas, que consta de dou hemistiquios.
Máis de oito sílabas:
- De arte maior castelán normalmente dodecasílabo, con dous hemistiquios, en cada un dos cales dáse a combinación de dúas sílabas átonas entre outras dúas tónicas.
- De arte menor, redondilla maior ou menor.
Menos de oito sílabas:
- Verso de cabo roto, suprimida ou cortada a sílaba ou sílabas que seguen á última acentuada.
- Redondilla maior, de oito sílabas ou octosílabo.
- Redondilla menor, de seis sílabas ou hexasílabo.
- Verso ecoico ,cuxas dúas últimas sílabas son iguais.
- Verso esdrúxulo finaliza en voz esdrúxula.
- Verso espondaico, hexámetro que ten espondeos en determinados lugares.
- Falecio hendecasílabo que se compón de cinco pés. O primeiro espondeo, o segundo dáctilo, e troqueos os demais.
- Ferecracio verso composto de tres pés, espondeos o primeiro e terceiro, e dáctilo o segundo.
- Gliconio, composto de tres pés, un espondeo e dous dáctilos. O primeiro é tamén ás veces iambo ou coreo.
- Verso heroico. En cada idioma tense por máis á mantenta para ser empregado na poesía desta clase; p. ex., na lingua latina o hexámetro e na española o hendecasílabo.
- Hexámetro consta de seis pés, cada un dos catro primeiros espondeo, ou dáctilo, dáctilo o quinto, e o sexto espondeo.
- Hiante, contén hiatos.
- Leonino. 1. m. verso latino usado na Idade Media, cuxas sílabas finais forman consonancia coas últimas do seu primeiro hemistiquio.
- Verso libre, non está suxeito a rima nin a metro fixo e determinado.
- Verso femia, termina en palabra grave.
- Verso macho ou oxítono: verso agudo.
- Verso paroxítono verso chan.
- Pentámetro, composto dun dáctilo ou un espondeo, doutro dáctilo ou outro espondeo, dunha cesura, de dúas dáctilos e doutra cesura. Mídese tamén contando logo dos dous primeiros pés un espondeo e dous anapestos.
- Proparoxítono, esdrúxulo.
- Verso crebado de catro sílabas cando alterna con outros máis longos.
- Verso ropálico, cada palabra ten unha sílaba máis que a precedente.
- Verso sáfico composto de once sílabas distribuídas en cinco pés, dos cales son, por regra xeral, troqueos o primeiro e os dous últimos, espondeo o segundo, e dáctilo o terceiro. Na poesía española, verso que consta de once sílabas, como o grego e latino, e cuxos acentos métricos estriban na cuarta e a oitava. É máis cadencioso e ten maior semellanza co sáfico antigo cando a súa primeira sílaba é longa.
- Verso senario de seis pés, e especialmente o iámbico desta medida.
- Verso solto, non forma con outro rima perfecta nin imperfecta.
- Trímetro verso composto de tres pés, e tamén o composto de tres dipodias, ou sexa de seis pés, como o trímetro iámbico ou senario.
- Trocaico verso que consta de sete pés, dos cales os uns son troqueos e os demais espondeos ou iambos, ao arbitrio.
- Iámbico verso en que entran iambos, ou que se compón exclusivamente deles.
- Fesceninos, versos obscenos inventados na cidade de Fescenio e que adoitaban cantarse na antiga Roma.
- pareados os dous versos que van unidos e aconsonantados, coma os dous últimos da oitava.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Recopilacion de versos Arquivado 04 de xaneiro de 2006 en Wayback Machine.