A rima, en poesía, é o feito da concordancia total ou parcial dos fonemas dunha ou máis palabras a partir da última vogal acentuada. Isto produce unha igualdade total ou parcial de certos sons entre dous ou máis versos.[1]

Tipos de rima

editar

Hai dúas clases de rimas:

  • A rima consonante ou total dáse cando a partir da última vogal tónica de cada verso son iguais os sons vocálicos e consonánticos.
Mais dorme, Rosalía, mentras tanto
N-as almas mingoa a fe y-a duda medra
¡Quén sabe si d'este recinto santo
Non quedará maña pedra con pedra!
— Manuel Curros Enríquez, "N-a tumba de Rosalía".[2]
  • A rima asonante ou parcial dáse cando a partir da última vogal tónica son iguais soamente os sons vocálicos.
Nasin cand' as prantas nasen,
No mes das froles nasin,
Nunh' alborada mainíña,
Nunh' alborada d' abril.
— Rosalía de Castro, Cantares gallegos.[3]
  1. "rima". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-15. 
  2. "N-a tumba de Rosalía - Wikisource". gl.wikisource.org. Consultado o 2024-12-15. 
  3. "Cantares gallegos - Wikisource". gl.wikisource.org. Consultado o 2024-12-15. 

Véxase tamén

editar

 
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.