Iambo
Un iambo é un pé métrico usado en varias tradicións poéticas, pero fundamentalmente no verso grego e latino e na poesía anglosaxoa. Consiste na alternancia de sílabas breves e longas, ou tónicas e átonas, ao longo do verso.
Características
editarO ritmo iámbico da poesía grega e latina consistía na alternancia dunha sílaba breve seguida dunha sílaba longa, constante ao longo de todo o verso. Opúñase ao verso trocaico, onde a alternancia era a oposta: primeiro unha sílaba longa e logo unha sílaba breve.
Na tradición moderna anglosaxoa o esquema é semellante, pero no canto de sílabas longas e breves o que se alternan son sílabas tónicas e átonas. Polo tanto, o verso iámbico será o que combina unha sílaba átona, outra tónica, outra átona etc., e o trocaico o que combina unha tónica, unha átona, unha tónica...
A representación habitual dun par iámbico é:
da | DUM |
Porén, para que exista unha cadencia ten que producirse unha repetición de iambos ao longo de todo o verso, ou cando menos un esquema de repetición de iambos en posicións homólogas de distintos versos da mesma composición.
O inglés e o alemán, como linguas xermánicas, acomodaron ben o ritmo acentual e que é nesas literaturas onde tivo un maior cultivo. Pola contra, as versificacións románicas baseáronse fundamentalmente no número de sílabas e na rima. Pero iso non impediu que as dúas tradicións se fosen mesturando e a aparición de versos iámbicos na literatura italiana, catalá, española, portuguesa ou galega, e de formas que contaban o número de sílabas, coma o soneto en Shakespeare.
Exemplos clásicos
editarLiteratura inglesa
editar- 'Twas brillig, and the slithy toves
- Did gyre and gimble in the wabe. (Lewis Carroll, "Jabberwocky")
- Shall I compare thee to a summer's day? (William Shakespeare, soneto 18)
- And straightway in his palace-hall, where commonly is set
- Some coat of arms, some portraiture ancestral, lo, we met
- His mean estate’s reminder in his fisherfather’s net!
- (Robert Browning, The Pope and the Net, sSsSsSsS||sSsSsS)
Literatura alemá
editar- In spiegelbildern wie von Fragonard
- ist doch von ihrem Weiß und ihre Röte
- nicht mehr gegeben, als dir einer böte,
- wenn er von seiner Freundin sagt: sie war
- (Rainer Maria Rilke, Die Flamingos)
Literatura neerlandesa
editar- Wilhelmus van Nassouwe
- ben ik, van Duitsen bloed,
- den vaderland getrouwe
- blijf ik tot in den dood.
- (Het Wilhelmus, o himno dos Países Baixos)
Literatura galega
editar- Que din as altas copas
- de_escuro_arume_arpado. (Eduardo Pondal, Himno galego)
Aquí pode verse que a distribución en iambos se interrompe no último pé tónico, e que o que queda por detrás carece de valor no que compete á métrica rítmica.
Bibliografía
editar- James Wilson Bright, Raymond Durbin Miller, The Elements of English Versification, Boston 1910.
- Joseph Berg Esenwein, Mary Eleanor Roberts, The art of versification, The Home Correspondence School, Springfield 1920.