Charles Lutwidge Dodgson, máis coñecido polo pseudónimo de Lewis Carroll, nado en Daresbury (Cheshire) o 27 de xaneiro de 1832 e finado en Guildford o 14 de xaneiro de 1898, foi un escritor, matemático, fotógrafo e diácono anglicano británico.

Lewis Carroll
Nome completoCharles Lutwidge Dodgson
AlcumeLewis Carroll
Nacemento27 de xaneiro de 1832 e 1832
 Daresbury
Falecemento14 de xaneiro de 1898
 Guildford e The Chestnuts
Causapneumonía
SoterradoSurrey
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e Inglaterra
EtniaPobo inglés
RelixiónIgrexa Anglicana
Alma máterChrist Church College, Rugby School, Universidade de Oxford e Richmond School
Ocupaciónmatemático, lóxico, fotógrafo, poeta, Diácono, escritor de literatura infantil, autor de diarios, novelista, escritor, autobiógrafo e filósofo
PaiCharles Dodgson
NaiFrances Jane Lutwidge
IrmánsCaroline Hume Dodgson, Louisa Fletcher Dodgson, Elizabeth Lucy Dodgson, Wilfred Longley Dodgson, Frances Jane Dodgson, Skeffington Hume Dodgson, Edwin H. Dodgson, Henrietta Harrington Dodgson, Mary Charlotte Dodgson e Margaret Anne Ashley Dodgson
XénerosNarrativa
Coñecido/a porAlicia no País das marabillas, Alicia do outro lado do espello, Jabberwocky, The Walrus and the Carpenter, Phantasmagoria, A Caça ao Snark, Rhyme? and Reason?, A Tangled Tale, Sylvie and Bruno, The Nursery "Alice" e O que a Tartaruga falou para Aquiles
Na rede
IMDB: nm0140902 IBDB: 7319
Bitraga: 123 Dialnet: 120882 Last fm: Lewis+Carroll Musicbrainz: 1bfc42b4-ba8f-4303-87e5-518c8a91eb44 Discogs: 435140 IMSLP: Category:Carroll,_Lewis Allmusic: mn0001609412 WikiTree: Dodgson-53 Find a Grave: 2213 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Era fillo do pastor anglicano Charles Carroll. Cando tiña 11 anos a familia trasladouse a Croft-on-Tees, Yorkshire. Educado polo seu pai, non foi á escola ata que tiña 12 anos, cando ingresou na prestixiosa Rugby School ata 1850, ao ano seguinte marcha a estudar a Oxford, ao remate dos seus estudos converteuse en profesor de matemáticas de Christ Church, un dos colexios universitarios de Oxford. En 1854 comeza a enviar relatos a poemas a revistas literarias como The Comic Times e The Train, e en 1856 utiliza por vez primeira o pseudónimo de Lewis Carroll.

Ordenado diácono en 1861, o 4 de xullo de 1862 acompañou nun paseo polo Támese a Alice Liddell e ás súas dúas irmás Lorina e Edith, fillas de Henry Liddell, deán do Christ Church. Acompañábao o tamén reverendo Robinson Duckworth, no decurso dese paseo Carroll contoulles ás rapazas un conto, como facía decote, pero diante o entusiasmo das rapazas e diante a petición de Alice para que o escribise fíxoo e en febreiro de 1863 deulle un manuscrito co título de Alice's Adventures Under Ground (As aventuras de Alicia no sochán), que o propio Carroll destruíu para lle regalar un exemplar máis elaborado no Nadal de 1864, e tamén fixo unha copia para os fillos do seu amigo George MacDonald, e por suxestión del animouse a publicalo nunha edición que pagou pola súa conta, con ilustracións de John Tenniel co título de Alice's Adventures in Wonderland (Alicia no país das marabillas). Os 2.000 exemplares da edición esgotáronse axiña, e o libro converteuse nun éxito internacional (a primeira tradución para o galego data de 1984).

En 1871 publicou Alicia do outro lado do espello (Through the Looking-Glass and what Alice Found There), continuación de Alicia no país das marabillas. En 1876 editou o poema épico A caza do Carbairán (The Hunting of the Snark). Silvia e Bruno a súa última novela,publicouna en dous volumes, en 1889 e 1893.

Obras traducidas ao galego editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar