Het Wilhelmus
Het Wilhelmus ( en galego: O Guillerme) é o himno dos Países Baixos e o himno nacional máis antigo do mundo[1] aínda que a letra do himno xaponés Kimi Ga Yo (non a música) data do século IX.[2] Aínda que non foi recoñecido como oficial até 1932, sempre foi unha canción moi popular entre os neerlandeses.
Het Wilhelmus | |
---|---|
En galego: O Guillerme | |
Himno de | Países Baixos |
Letra | Descoñecido |
Música | Adrianus Valerius |
Adoptado | 1932 1954 (Antillas Neerlandesas) |
Mostra da música | |
Ao igual que moitos himnos, a orixe do Het Wilhelmus foi na loita da nación para acadar a súa independencia. A letra fala de Guillerme de Orange, a súa vida e porque loitou polo pobo neerlandés. Como resultado disto o himno está escrito como se fose cantado por el mesmo.
Letra
editar
Orixinal en neerlandés
|
Tradución ao galego
|
Estrutura
editarA letra está composta de 15 estrofas. A primeira letra de cada estrofa na súa versión orixinal en lingua neerlandesa antiga, representan un acrónimo que forma o nome 'Willem van Nassov' (Nassov era unha variante ortográfica para Nassau). En neerlandés moderno, as primeiras letras das estrofas 12 e 13 comezan con Z no canto de S, resultando en 'Willem van Nazzov'.
Notas
editar- ↑ Facts About National Anthems (en inglés)
- ↑ national-anthems.org Japan National Anthem Arquivado 17 de setembro de 2017 en Wayback Machine. (en inglés)
Ligazóns externas
editar- Himno no sitio web oficial da Casa Real Neerlandesa.
- Sitio web sobre o himno