Figura estilística

técnica usada para dar un significado auxiliar a unha mensaxe literal
(Redirección desde «Figura retórica»)

Unha figura estilística, figura da linguaxe ou figura retórica é unha estratexia literaria que os escritores poden aplicar no texto para conseguir un efecto determinado no lector. Son formas de expresión máis localizadas en comporación coas funcións da linguaxe, que son características globais do texto. Pódense relacionar con aspectos fonolóxicos, morfosintácticos ou semánticos. Dado que se poden utilizar fóra do ámbito da Poética para convencer a un auditorio, poden incluírse como parte da Retórica.

Figuras do compoñente métrico fonolóxico

editar
  • Aliteración: combinación repetida de certos sons iguais ou afíns ó longo dun verso, estrofa ou poema.
  • Apóstrofe: nunca leva signos de interrogación. Invocación ou chamada a un ser ausente ou presente, real ou imaxinario, mesmo personificado.
  • Exclamación retórica: sempre entre signos de exclamación. O poeta trata de expresar sentimentos subxectivos conectados directamente coas súas máis íntimas sensacións.
  • Fonosimbolismo: evocación de sensacións non auditivas por medio da expresividade dos sons, Pode ser visual, táctil, cinético ou auditivo.
  • Interrogación retórica: entre signos de interrogación. Consiste na formulación dunha pregunta que non precisa ningunha resposta.
  • Onomatopea: aliteración que trata de reproducir ou suxerir sons da realidade.
  • Paronomasia: reunión de voces de pronuncia semellante con significados distintos.
  • Similicadencia: uso de palabras con son semellantes no mesmo accidente gramatical (verbos con mesmos sufixos).

Figuras do compoñente morfosintáctico

editar

Por omisión

editar
  • Reticencia: deixar unha idea sen acabar a nivel gráfico porque se sobreentende. Vai indicada por puntos suspensivos: Ofreceume os seus labios e...
  • Braquiloxía: supresión de elementos da frase que non están no contexto
  • Ceugma: omisión dun termo nun enunciado estando este presente nos seguintes
  • Asíndeto: omisión das conxuncións para dar viveza ou enerxía ó concepto.
  • Parataxe: relación de coordinación entre dúas frases (que están nunha relación de subordinación implícita) dentro dun enunciado.
  • Elipse: elisión de elementos gramaticais.

Por acumulación

editar
  • Amplificación: desenvolvemento dun motivo cun máximo de palabras para alonga-lo texto.Pode valerse de calquera fenómeno producido por acumulación ou recorrencia.
  • Paráfrase: repetir ou traducir un discurso oral ou escrito con liberdade, sen se axustar ó orixinal.
  • Paréntese: inclusión no medio dun discurso oral ou escrito de asuntos secundarios que supoñen unha pausa ou ralentización no percorrido principal.
  • Expolitio: achega un mesmo motivo con múltiplas perspectivas.
  • Interpretación: repeti-lo mesmo con outras palabras.
  • Digresión: inclusión no medio dun discurso oral ou escrito de asuntos máis ou menos improcedentes que supoñen unha saída fóra de tema.
  • Perífrase: exprésase por medio dun rodeo de palabras o que podería ser dito máis brevemente.
  • Pleonasmo: engadir palabras innecesarias pero arriquecedoras polo seu valor expresivo.
  • Circunlocución: expresión por medio dun rodeo de palabras de algo que pode designarse máis directamente.
  • Enumeración: acumulación ordenada ou caótica de palabras sucesivas.
  • Paradiástole: acumulación opositiva de expresións con significados próximos.
  • Epíteto: adxectivo que repite un ou varios semas do significado da palabra á que se refire.

Por alteración da concordancia

editar
  • Silepse: ruptura da concordancia gramatical mantendo o sentido semántico.
  • Hipálaxe: aplicación dun complemento oracional a unha parte que non lle corresponde.
  • Anacoluto: ruptura da concordancia gramatical producindo un efecto ilóxico.

Por orde

editar
  • Enálaxe: figura gramatical mediante a que se realiza o cambio funcional dunha parte de discurso por outra.
  • Hipóstase: emprego dunha palabra desenvolvendo unha función sintáctica que non lle compete.
  • Hipérbato: alteración da orde lóxica ou normal da frase.
  • Histetoloxía: hipérbato que anticipa o que loxicamente debería estar posposto.
  • Tmese: hipérbato que intercala un elemento entre dous compoñentes dunha palabra, habitualmente composta.
  • Catáfora: presentación anticipativa do que vai vir despois.
  • Retruécano: dici-las mesmas palabras con orde inversa e significado contrario.
  • Calembur: figura que xorde cando ó agrupar doutro modo as sílabas das palabras estas cambian de significación.

Por concorrencia

editar
  • Anadiplose: a última palabra dun verso é a primeira do verso seguinte.
  • Epanalepse: repetición dunha ou máis palabras en contacto.
  • Epanadiplose: a primeira palabra dun verso é a última dese verso ou do verso seguinte.
  • Concatenación: continuación progresiva da anadiplose.
  • Anáfora: repetición dunha ou varias palabras ó inicio do verso.
  • Epífora: repetición dunha palabra ou grupo de palabras ó final dun verso, dunha estrofa ou dun período.
  • Epínome: repetición dunha expresión ou dun verso ó longo do texto.
  • Complexión: anáfora e epífora simultáneas.
  • Paralelismo: estruturación dunha composición en varios conxuntos seguindo o mesmo esquema.
  • Poliptoto: empregar palabras da mesma raíz potenciando o seu valor semántico.
  • Homeoptoto ou similicadencia: repetición dunha raíz con diferentes sufixos.
  • Polisíndeto: repetición de conxuncións. Moi frecuente na lírica popular

Figuras do compoñente semántico

editar
Artigo principal: Tropo.
  • Metáfora: tropo que designa un obxecto mediante outro co que ten unha relación de semellanza.
  • Símil ou comparación: consta dun plano real A e un plano evocado B, unidos por un nexo comparativo (como,...)
  • Alegoría: metáfora continuada.
  • Metonimia ou sinécdoque: noméase o todo por unha parte, unha parte por outra, unha parte polo todo...
  • Antonomasia: substituír un nome común por un nome propio (tamén pode ser común), o cal posúe algunha relación co inicial nome común.
  • Prosopopea: atribúese calidades humanas a algo que potencialmente carece delas.
  • Lítote: atenuación do que se quere expresar. Atenuación que se logra mediante un rodeo de palabras, normalmente precedidas do adverbio de negación non.
  • Sarcasmo: ironía cruel ou mordaz.
  • Oxímoro: unión de conceptos incompatibles.
  • Paradoxo: unión de ideas aparentemente opostas ou irreconciliables.
  • Silepse ou diloxía: palabra usada en dous sentidos simultaneamente.
  • Hipérbole: esaxeración desmesurada.
  • Sinestesia: mesturar sentimentos con sensacións visuais, olfativas, gustativas...
  • Antífrase: atribucións a un elemento de características contrarias ás súas.
  • Antítese: oposición de elementos contrarios.
  • Ironía: expresar unha idea con palabras que indican aproximadamente o contrario do que e quere dicir.
  • Símbolo: substituír un substantivo que se refire a un elemento ou sentimento por outro substantivo con que aparentemente non ten relación. O elemento, polo que se substitúe trata de representar unha realidade espiritual.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar