Figura de dicción

As figuras de dicción son, xunto coas figuras de pensamento e as figuras de significación, un dos tres grupos principais das figuras retóricas. As figuras de dicción atenden en especial a forma das palabras, as súas modificacións (figuras de metaplasmo), a súa repetición, a súa omisión e a súa colocación. As principais figuras de dicción son as seguintes: aférese, aliteración, anadiplose ou reduplicación, anáfora, anástrofe, antanaclase, apócope, asíndeto, calembur, catáfora, espanástrofe ou complexión, concatenación, correlación, derivación, diérese, elipse, epanalepse, epéntese, epífora, epínome, equívoco, figura etimolóxica, gradación, hipérbato, histeroloxía, isocolon, metátese, onomatopea, paragoxe, paronomasia, pleonasmo, políptoto, polisíndeto, prótese, quiasmo, silepse, sinalefa, síncope, sinérese, tmese, xeminacion, xogo de palabras e ceugma.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar