Diérese
A diérese é un signo ortográfico diacrítico consistente en dous puntos que se colocan enriba de certas letras, habitualmente vogais.
UsosEditar
Na lingua galegaEditar
- Emprégase sobre a vogal u nas sílabas güe, güi para indicar que ten que pronunciarse.
- Emprégase sobre a vogal i nas primeira e segunda persoa do plural dos copretéritos de indicativo dos verbos rematados en –aer, -oer e –oír para indicar que o i é unha sílaba distinta e así distinguir estas formas verbais das do presente de subxuntivo: saïamos/saiamos.
- Aínda que neste caso non hai confusión, tamén se pon diérese nas mesmas persoas dos verbos rematados en –uír.
- Algúns autores do século XIX empregaron o x con diérese (ẍ) para indicar o fonema fricativo sonoro. Esta ortografía empregouna Rosalía de Castro na primeira edición de Follas Novas.[1]
Noutras linguasEditar
A diérese existe en numerosas linguas e indica situacións diferentes, como metafonía, o feito desas vogais teren que ser pronunciadas ou sinalar un hiato.
Unhas poucas linguas empregan a diérese sobre consoantes:
- En malgaxe escríbese sobre o n ( n̈ ) para representar o ŋ.[2]
- O mam[3] e o alfabeto latino kurmanjî do kurdo[4] emprégano sobre o x ( ẍ ), no primeiro caso representa o fonema [ʃ] e no segundo o fonema [ɣ].
Outros usosEditar
É habitual o seu uso por efecto estilístico no nome de grupos musicais, como Motörhead ou Mötley Crüe, chamado en inglés heavy metal umlaut[5].
NotasEditar
- ↑ Babarro González, Xoán (2013). Facultad de Filología (UNED), ed. "Centenario da literatura galegoasturiana (1913-2013)". Revista de Lenguas y Literaturas Catalana, Gallega y Vasca 18: 174.
- ↑ Omniglot (ed.). "Malagasy". Consultado o 25 de xaneiro de 2014.
- ↑ Omniglot (ed.). "Mam". Consultado o 22 de xaneiro de 2014.
- ↑ Omniglot (ed.). "Kurdish". Consultado o 22 de xaneiro de 2014.
- ↑ http://tvtropes.org/pmwiki/pmwiki.php/Main/HeavyMetalUmlaut
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
BibliografíaEditar
- Dosil López, Benxamín; Riveiro Costa, Xesús (2004). Dicionario de ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova Editorial. ISBN 84-9737-040-6.