Lingua kurda

lingua indoirania falada no Kurdistán

A lingua kurda[8] (Kurdî) é unha lingua indoirania falada no Kurdistán, un territorio que abrangue poboacións kurdas en partes de Irán, Iraq, Siria e Turquía[9]. É empregado por entre 25 ou 30 millóns de persoas, aínda que os datos exactos non se saben. O kurdo pertence ao subgrupo occidental dos idiomas iranios, pertencentes á póla indoirania da familia indoeuropea. As linguas máis relacionadas co kurdo son o baluchi, o gilaki, e o talysh, que pertencen tamén á rama occidental setentrional dos idiomas iranios. O idioma persa, pertencente ao ramo suroccidental, tamén se considera unha lingua relacionada co kurdo.

Kurdo
Kurdî
Outros nomes:كوردی
Falado en: Iraq, Irán, Siria, Turquía, Armenia, o Líbano
Total de falantes:
26 000 000[1], ou 39 500 000 [2][3][4][5]
Posición: 52-39
Familia: Indoeuropea
 Indoirania
  Irania
   Irania occidental
    Irania do noroeste
     Kurdo
Escrita: Alfabeto kurdo (unha variante do alfabeto árabe) en Iraq e Irán, alfabeto latino en Turquía e Siria, e o alfabeto cirílico na extinta URSS.
Status oficial
Lingua oficial de: Iraq Rexión Autónoma de Kurdistán
Irán Provincia de Kurdistán - status constitucional de lingua rexional.

Armenia - lingua minoritaria[6]

Regulado por: Non está regulado
Códigos de lingua
ISO 639-1: ku
ISO 639-2: kur
ISO 639-3: varios:
kur — Kurdo (xenérico)
ckb — Kurdo central
kmr — Kurdo do norte
sdh — Kurdo do sur
Mapa
Status

O kurdo está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[7]

Hai tres dialectos importantes da lingua kurda, relacionados coa súa distribución xeográfica. O kurdo setentrional é falado polos kurdos en Turquía, Siria e partes da ex-Unión Soviética. O sorani ou kurdo central é falado no Kurdistán Iraquí e no Irán, e o queluri é falado no oeste do Irán.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.