Wikipedia en kurdo

edición da Wikipedia en lingua kurda

A Wikipedia en kurdo (en kurdo setentrional: Wîkîpediya kurdî) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua kurda. Foi creada o 7 de xaneiro de 2004. Esta edición está escrita na variedade kurda setentrional (ou kurmanji) e usa o alfabeto latino. Tamén existe outra versión de Wikipedia na variedade central, a Wikipedia en kurdo central, escrita en alfabeto persa.

Wikipedia en kurdo
Logo da Wikipedia en kurdo.
Portada da Wikipedia en kurdo.
Tipoenciclopedia en liña
ComercialNon
RexistroOpcional
LinguasKurdo
PropietarioWikimedia Foundation
Lanzamento7 de xaneiro de 2004

Esta versión da enciclopedia contén 76.591 artigos e 70.153 usuarios, dos cales 87 son activos.[1]

Historia

editar

A Wikipedia en kurdo foi estabelecida o 7 de xaneiro de 2004,[2] e estaba deseñada orixinalmente para conter artigos nas variedades setentrional (kurmanji) e central (sorani) ao mesmo tempo. O 12 de agosto de 2009, a Wikipedia en kurdo separouse en dúas versións debido a razóns técnicas e lingüísticas. A versión orixinal (ku.) permaneceu para a lingua setentrional, e a nova versión (ckb.) creouse para a Wikipedia en kurdo central.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar