Signo de fin de artigo
O signo de fin de artigo, tombstone, Halmos, fin da demostración ou signo de Q.E.D. "∎" úsase en Matemáticas para sinalar a fin dunha demostración matemática, en lugar da abreviatura habitual "Q.E.D.", da frase latina "quod erat demonstrandum", "o que se quería demostrar". Nas revistas, é un dos signos que se emprega para indicar o final dun artigo.
∎ |
---|
Signo de fin de artigo |
Signos ortográficos |
punto ( . ) coma ( , ) |
Outros signos auxiliares |
antilambda ( < > ) antígrafo ( ¶ ) |
No Unicode, represéntase polo carácter 220E, que ten variantes gráficas. Pode ser un rectángulo ou un cadrado baleiro ou enchido.
Ás veces chámase 'halmos' polo matemático Paul Halmos, que foi o primeiro que o usou nun contexto matemático. Tivo a idea de empregalo tras velo usado para indicar o final dos artigos en revistas. Nas súas memorias I Want to Be a Mathematician, escribiu:[1]
O símbolo non é definitivamente invención miña; — aparecía en revistas populares (non matemáticas) antes de que eu o adoptase, pero, unha vez máis, parece que eu o introducín nas Matemáticas. É o símbolo que ás veces aparece como ▯, e úsase para indicar un final, habitualmente o final dunha proba. Frecuentemente chámase 'tombstone', pero polo menos un xeneroso autor referiuse a el como ‘halmos’.[2]
NotasEditar
- ↑ Halmos, Paul R. (1985). I Want to Be a Mathematician: An Automathography. p. 403.
- ↑ The symbol is definitely not my invention — it appeared in popular magazines (not mathematical ones) before I adopted it, but, once again, I seem to have introduced it into mathematics. It is the symbol that sometimes looks like ▯, and is used to indicate an end, usually the end of a proof. It is most frequently called the 'tombstone', but at least one generous author referred to it as the ‘halmos’
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Miller, Jeff (29-9- 2007). "Earliest Uses of Symbols of Set Theory and Logic". Consultado o 26-6-2010.