Signo igual
O signo igual (=) é un símbolo matemático empregado para indicar a igualdade de expresións matemáticas.
= |
---|
Signo igual |
Signos ortográficos |
punto ( . ) coma ( , ) |
Outros signos auxiliares |
antilambda ( < > ) antígrafo ( ¶ ) |
Historia
editarO símbolo foi inventado en 1557 polo matemático galés Robert Recorde na súa obra The Whetstone of Witte. Decidiu empregar dúas liñas iguais por considerar que era a mellor representación da idea de igualdade.
O signo = non foi inmediatamente popular, senón que algún autores empregaban dúas barras paralelas ( || ) ou æ (ou œ), abreviaturas da palabra latina aequalis (“igual”).[1]
Uso
editar- En Matemáticas pode empregarse para indicar un valor particular (x = 2), crear definicións (sexa x = 2), expresar condicións (se x = 2, entón…), ou indicar unha equivalencia universal
(x + 1)2 = x2 + 2x + 1
. - En Informática acostuma empregarse para asignar valores.
- Nalgunhas linguaxes de programación empréganse varios signos iguais: ===.
- Algunhas linguas africanas utilízano como signo diacrítico para indicar ton.[2]
Símbolos relacionados
editarAproximadamente igual
editarOs símbolos para expresar a idea de “aproximadamente igual” adoitan ter forma de ondas ou incluír puntos:[3] ≈, ≃, ≅, ∼, ∽, ≐, ≒, ≓
Desigual
editarO símbolo empregado para a relación "non é igual" é un signo igual cunha barra ("≠").
Identidade
editarSímbolos utilizados para indicar unha identidade ou equivalencia son "≡", "≝", ":=" ou "≘".
Menor ou igual e maior ou igual
editar- Artigo principal: Antilambda.
O signo igual pode combinarse cos signos "menor que" ( < ) e "maior que" ( > ): ≤ e ≥.
Notas
editar- ↑ MacTutor History of Mathematics archive (ed.). "Robert Recorde". Consultado o 4 de xaneiro de 2014.
- ↑ Constable, Peter G.; Priest, Lorna A. (31 July 2006). Proposal to Encode Additional Orthographic and Modifier Characters (PDF). Consultado o 4 de xaneiro de 2014.
- ↑ Unicode.org (ed.). "Mathematical Operators" (PDF). Consultado o 4 de xaneiro de 2014.