Trazo baixo
O trazo baixo[1] ou guión baixo[2] é un signo tipográfico auxiliar, consistente nun trazo situado na parte baixa da palabra. No código ASCII ten o valor 95.
_ |
---|
Trazo baixo |
Signos ortográficos |
punto ( . ) coma ( , ) |
Outros signos auxiliares |
antilambda ( < > ) antígrafo ( ¶ ) |
Historia
editarO trazo baixo estaba presente nas máquinas de escribir para poder subliñar textos: escribíase primeiro o texto e volvíase atrás para escribir o trazo baixo. Foi incluído como carácter alfabético a finais dos anos sesenta.[3]
Usos
editarUtilízase principalmente en Informática para substituír o espazo en aplicacións nas que non se pode usar ese carácter.
Emprégase tamén como signo diacrítico nalgunhas linguas africanas e amerindias, como o shoshone.[4]
Notas
editar- ↑ Corpus Paralelo CLUVI 2.1 - http://sli.uvigo.es/CLUVI/ (ed.). "Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo". Consultado o 6 de outubro de 2013.
- ↑ Seminario de Lingüística Informática (ed.). "Aquén Toponimia galega". Consultado o 5 de outubro de 2013.
- ↑ Sandhana, Lakshmi. PJP Schroeder, ed. "What Is an Underscore?". wiseGEEK clear answers for common questions. Consultado o 6 de outubro de 2013.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2013. Consultado o 29 de setembro de 2013.