Indicador ordinal

Un indicador ordinal é un signo que se coloca tras un número para indicar que debe ser interpretado coma un ordinal e non un cardinal. Historicamente formouse a partir da última letra ou grupo de letras do nome do ordinal que representa, polo que a tipografía utilizada varía de acordo co idioma.

◌º ◌ª
Indicador ordinal
Signos ortográficos
punto ( . )

coma ( , )
punto e coma ( ; )
dous puntos ( : )
puntos suspensivos ( )
signo de interrogación ( ? )
signo de exclamación ( ! )
comiñas ( « » ) ( ‘ ’ ) ( “ ” )
parénteses ( ( ) )
corchetes ( [ ] )
raia ( )
guión ( )
barra diagonal ( / )
apóstrofo ( ' ) ( )
acento ( ◌́ )
  acento agudo ( ◌́ )
  acento circunflexo ( ◌̂ )
  acento grave ( ◌` )
diérese ( ◌̈ )
til ( ~ )
espazo (   )

Outros signos auxiliares
antilambda ( < > )

antígrafo ( )
arroba ( @ )
asterisco ( * )
asterismo ( )
barra inversa ( \ )
barra vertical ( | ) ( ¦ )
cancelo ( # )
chaves ( { } )
cruz ( ) ( )
e comercial ( & )
fin de artigo ( )
frecha ( )
grao ( ° )
guión baixo ( _ )
ídem ( )
indicador ordinal ( º ) ( ª )
man ( )
moeda ( ¤ )
parágrafo ( § )
porcentaxe ( % )
prima ( ) ( ) ( )
punto de lista ( )
punto medio ( · )
símbolos lóxicos
( ) ( ¬) ( ) ( ) ( )
símbolos matemáticos
( + ) ( ) ( × ) ( ÷ ) ( = ) ( ± )
símbolos monetarios
( ¤ ) ( $ ) ( ¢ ) ( £ ) ( ) ( ¥ ) ( )
símbolos de propiedade intelectual
( © ) ( ) ( ® ) ( ) ( ) ( Ⓜ )

Uso editar

Galego, portugués, castelán e italiano editar

Nestas linguas os signos empregados son º para o xénero masculino e ª para o feminino.

Número cardinal Número ordinal masculino Número ordinal feminino
1 (un) 1º (primeiro) 1ª (primeira)
2 (dous) 2º (segundo) 2ª (segunda)
3 (tres) 3º (terceiro) 3ª (terceira)
10 (dez) 10º (décimo) 10ª (décima)
100 (cen) 100º (centésimo) 100ª (centésima)

En castelán tamén se empregan 1.er (“primer”) e 3.er (“tercer”) para representar as formas apocopadas de "primero" e "tercero".

Convén sinalar que o signo de ordinal masculino º é confundido frecuentemente co símbolo de grao, que, en troques, é °. Isto débese a que en moitas fontes os dous signos son case idénticos. Non obstante, en xeral, poden recoñecerse pola forma: mentres que o símbolo de grao é unha circunferencia uniforme, o índice ordinal pode ser ovalado ou elíptico, e ademais nalgunhas fontes a letra 'o' pode aparecer subliñada.

Con todo, para evitar confusións, o portugués e o castelán [1] prescriben a colocación dun punto entre o número e o indicador ordinal: 1.º (primeiro), 2.º (segundo), 3.º (terceiro) etc.

Francés editar

Os sufixos utilizados no francés, que se colocan en forma sobrescrita sempre que é posible, son:

  • -er para o número 1 se o obxecto cualificado é masculino (p. ex. : 1erpremier)
  • -re para o número 1 se o obxecto cualificado é feminino (p. ex. : 1repremière)
  • -e ou -ème para todos os outros números (p. ex. : 2e ou 2èmedeuxième)

Para o número 2 tamén existen as formas masculina 2nd, a partir de second, e feminina 2nde, a partir de seconde.

Inglés editar

En inglés utilízanse as seguintes combinacións de letras:

  • -st para os números terminados en 1 (p. ex. : 1st; 21st)
  • -nd para os números terminados en 2 (p. ex. : 2nd; 22nd)
  • -rd para os números terminados en 3 (p. ex. : 3rd; 23rd)
  • -th para os números terminados en 11, 12 ou 13, que fan excepción ás regras anteriores, e para todos os demais (p. ex. : 11th ; 12th; 13th; 24th; 25th; 111th; 112th; 113th).

Por influencia do francés, estas letras acostumaban empregarse no pasado en forma sobrescrita (p. ex. : 2nd, 34th) mais hoxe en día prevalece a colocación na liña de base do texto.

Notas editar

  1. Real Academia Española (ed.). "Diccionario panhispánico de dudas". Consultado o 8 de decembro de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar