Prima
Os símbolos prima[1] ( ′ ), segunda ( ″ ) e terceira ( ‴ ) son símbolos empregados con distintos significados en Matemáticas e outras Ciencias, Lingüística e Música. Este símbolo é diferente do apóstrofo, acento agudo, acento grave, comiñas ou o signo de ídem.
Historia Editar
O nome "prima" provén de ler a notación x′ como a primeira dunha serie, seguida por “x segunda”, e así sucesivamente.
Usos Editar
Matemáticas Editar
- Sinálase co símbolo prima unha variable relacionada cunha anterior, por exemplo por ser o resultado dunha transformación.
- Emprégase para indicar derivación: se y = f(x) entón y′ é a súa función derivada.
- Nalgunhas notacións representa o complementario dun conxunto ou dun suceso.
- A prima é o símbolo do minuto e a segunda é o símbolo do segundo, unidades de medida de ángulos no sistema sexaxesimal.
Lingüística Editar
Na transliteración dalgunhas linguas eslavas denota palatalización.
Música Editar
No sistema de notación de Helmholtz empréganse a prima e a segunda para distinguir notas en diferentes oitavas.
Notas Editar
- ↑ Masa Vázquez, Xosé M.; Fortes López, Belén (1995). Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, ed. Vocabulario de Matemáticas. ISBN 84-8121-369-1.