Corchetes
Os corchetes son signos ortográficos auxiliares, semellantes ás parénteses, coas que comparten moitos usos, pero formados por liñas rectas.
UsosEditar
- Utilízanse para encerrar unha parte do texto que debería ir entre parénteses cando xa está dentro doutras parénteses.
- Úsanse para encerrar modificacións dentro dun texto orixinal, como sinalar palabras ou expresións ausentes.
- Cando se escriben dentro puntos suspensivos indica que se omite parte dunha transcrición: [...].
- En Lingüística úsanse para encerrar fonemas.
- En Matemáticas indican un intervalo.
- Na Wikipedia úsanse para crear ligazóns.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
BibliografíaEditar
- Dosil López, Benxamín; Riveiro Costa, Xesús (2004). Dicionario de ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova Editorial. ISBN 84-9737-040-6.