Signo de interrogación
O signo de interrogación (?) é un signo de puntuación que se utiliza para marcar entoación interrogativa.
? |
---|
Signo de interrogación |
Signos ortográficos |
punto ( . ) coma ( , ) |
Outros signos auxiliares |
antilambda ( < > ) antígrafo ( ¶ ) |
Historia
editarLynne Truss atribúe as primeiras aparicións modernas deste signo a Alcuíno de York,[1] sendo unha das hipóteses sobre a súa orixe que proceda da letra q, inicial da palabra latina quaestio,[2] que significa pregunta.
Uso
editarEn galego só é preceptivo o uso do signo de peche (?). O signo de comezo (¿) pode empregarse en casos de ambigüidade.[3]
O signo de interrogación ten os seguintes usos principais:
- Indica frases interrogativas directas.
- Entre parénteses ao final dunha frase indica dúbida: (?)
- En informática adoita utilizarse como carácter comodín.
- En xadrez representa unha xogada dubidosa.
Notas
editar- ↑ Lynne Truss. Eats, Shoots & Leaves, 2003. p. 76. ISBN 1-59240-087-6.
- ↑ Brewer, E. C. Dictionary of Phrase and Fable, 1870 (rev. 1894), s.v. 'Punctuation'.
- ↑ Criterios para o uso da lingua galega, Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, 2012
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Dosil López, Benxamín; Riveiro Costa, Xesús (2004). Dicionario de ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova Editorial. ISBN 84-9737-040-6.