Barra inversa
A barra inversa ou barra invertida (\) é un signo tipográfico auxiliar consistente nunha raia oblicua. Corresponde á versión reflectida da barra diagonal, polo que tamén se coñece como antibarra[1].
Usos Editar
Utilízase principalmente en Informática, especialmente en linguaxes de programación. Tamén se usa para indicar o lugar onde se atopa un documento ou o camiño para chegar a el.
Notas Editar
- ↑ Bermúdez, Manuel. (Breve) Manual de estilo universitario (PDF). Servizo de Normalización Lingüística – USC.