Anadiplose
A anadiplose, epanadiplose ou reduplicación é unha figura retórica consistente na repetición do último membro dun grupo de palabras sintáctico ou métrico, no principio do grupo de palabras sintáctico ou métrico seguinte. O membro repetido pode ser unha aposición ao primeiro grupo, ou ben estar integrado sintacticamente no segundo grupo. Así, distinguiremos entre unha repetición aposicional e unha repetición integrada, podendo esta á súa vez presentar unha dependencia sintáctica e recíproca dos grupos de palabras, ou ben a independencia sintáctica. Na poesía dáse no límite da cesura e no límite do verso.
Exemplos
editar- En "Campanas de Bastavales" (Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro)
- E das entrañas me doio
- dóiome de dor ferida
Obsérvese que tamén hai pleonasmo (doio / dor) e figura etimolóxica.
Véxase tamén
editar Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |