Recursos fónicos
Este artigo ou categoría carece de ligazóns interlingüísticas. Engádellas premendo na opción "Engadir ligazóns" da columna da esquerda e escribindo o código de lingua e mais o nome correspondente a este artigo ou categoría nesa lingua. Logo diso retira o modelo {{Seniw}} da páxina.Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Os recursos fónicos son aquelas figuras retóricas que xogan co son e a musicalidade das palabras. Estas provocan que sexa máis sinxela a memorización, polo que son moi comúns nos anuncios publicitarios. Con elas captan a atención do espectador e provocan nel unha necesidade de obter determinado produto.
Este tipo de técnica é máis efectiva nun medio oral (como a televisión ou radio) que nun medio escrito (prensa, carteis…), xa que no primeiro escoitamos a voz dun personaxe, a súa entoación, que sentimentos transmite… e podemos captar máis sinxelamente que pretende o anunciante.
As figuras que se empregan máis son as que repiten, xa sexa un son ou unha palabra e hai dous subgrupos: as que repiten elementos idénticos ou semellantes.
- Figuras de repetición de elementos idénticos: aliteración, asonancia, anadiplose, diácope, diseminación, epanadiplose, epífora, xeminación, polisíndeto...
- Figuras de repetición de elementos semellantes: derivación, gradación, paronomasia, pleonasmo, políptoto...[1]
Notas
editar- ↑ Romero, M. V. (2005). Lenguaje publicitario: la seducción permanente. Ariel.