Epanadiplose
A epanadiplose é unha figura sintáctica consistente en facer coincidir a primeira palabra dun verso e a última dese verso ou do verso seguinte, ou sexa, en repetir unha palabra ao principio e ao final dunha frase, dun verso ou dunha serie de versos.
Exemplos
editar- En "Campanas de Bastavales" (Cantares Gallegos, Rosalía de Castro):
- corren nubes, nubes corren
Obsérvese que tamén hai quiasmo.
- En "Chove, chove..." (Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro)
- Chove, chove na casa do probe
- e no meu corazón tamén chove