Paronomasia

figura retórica

A paronomasia é unha figura retórica e estilística que consiste en aproveitar a similitude fonética entre dúas ou máis palabras, frecuentemente con intención burlesca ou conceptista.

Tamén coñecida informalmente como xogo de palabras pode consistir nunha deliberada ou non deliberada confusión de palabras similares ou frases con efecto retórico, xa sexa con fins serios ou humorísticos.

Exemplos editar

  • No texto "Poema nuclear" de Celso Emilio Ferreiro atopamos a colocación próxima de dúas palabras foneticamente semellantes:

plutonio plutocrático (verso 8)
magnates e mangantes (verso 23)
A bomba, ¡bong!, a bomba bon amigo (2)
axiña vén, vela ahí vén, bon amigo. / ¡Estanos ben! ¡Está ben! ¡Está bon! / ¡¡¡Booong!!! (versos do 36 ao 38).

Como o home no gremio da mulher
na última causa soña toda a cousa.

por tanto pranto que escoito
esta selva selvaggia e aspra e forte

Véxase tamén editar

Outros artigos editar