Un polisíndeto é un recurso estilístico do compoñente morfosintáctico que actúa por concorrencia. Consiste en repetir conxuncións, moi frecuente na lírica popular. O seu antónimo é o asíndeto.

Exemplos

editar
  • En Otero Pedrayo (Os señores da terra, ed. Galaxia): Polo xeral os nexos encóntranse a diferente nivel sintáctico:
  • ...na horta e no pomar e corrían en mainas baixadas de nabeiras, bacelos, lameiros e montós de arboredos (páxina 11)
  • ...bandas de roseiras e dinteis retortos, e a muralla ameada do patio, na que se abría o portal, e cara o nacente... (páxina 4)
  • O pazo da Seara era sonado no Ribeiro de Avia e do Miño, nos Chaos e na capital, pola súa fartura e comodidade (páxina 18).
Tes, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledad
e nais que non teñen fillos
e fillos que non ten pais,
E tes corazóns que sufren [...]

Obsérvese que hai anáfora e homeoptoto en orfos e orfas


 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.