Síncope (lingüística)
A síncope é un fenómeno fonolóxico (ou fonético) consistente na elisión ou perda dun fonema (ou son) na posición media dunha palabra ou secuencia fónica. Prodúcese especialmente nas vogais e sílabas átonas. Este fenómeno pode darse ó longo da historia da lingua (como na pasaxe do latín calidus ao galego caldo ou de delicatus a delgado) ou sincronicamente, en diferentes variedades diatópicas ou diastráticas (como o paso de cereixa a zreixa ou de para a pra).
Na antroponimia
editarVarios nomes galegos son resultado de procesos de síncope. Por exemplo:
Bieito/Bento<Benedito<Benedictus
Breixo<Verissimum
Cía/Icía/Cilla<Cecilia<Cæcilla
Comba<Columba
Fiz<Felix
(H)adrán/(H)adrao<(H)adrián/(H)adriano<Hadrianus
Paio<Pelaxio<Pelagius
Uxía<Ouxea/Euxea<Eugenia<εὐγενής
Xan<Xoán<Johan
Xes/Xenxo< Genesius
Xián/Xiao/Xillán/Xillao<Xulián<Iulianus