En estilística, a concatenación é unha figura consistente en repetir continuadamente a anadiplose

En gramática xenerativa, a concatenación é un sinal (+) que indica que nunha regra de reescrita os elementos constituíntes están encadeados uns nos outros nunha orde fixada pola fórmula. Por exemplo, na regra

SN → D + S

o sinal + indica que o sintagma nominal debe ser convertido polo determinante contatenado ao substantivo, núcleo do sintagma nominal.

Cando nunha regra de reescrita un constituínte facultativo está concatenado a un elemento constituínte obrigatorio, a concatenación dos dous elementos indícase pola simple xustaposición. Por exemplo, a regra

Aux → Tpo (Perf) (M) (Perf)

indica que os constituintes Tempo, Perfecto, Modo e Perfecto están concatenados, sendo o constituínte Tempo o único obrigatorio.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.