Parénteses
(Redirección desde «Paréntese»)
As parénteses son signos ortográficos auxiliares dobres, formados por un signo de apertura e outro de peche.
Usos editar
- Utilízanse para encerrar incisos ou aclaracións e para incluír dentro do texto explicacións, como datas, autores de citas ou tradución de palabras ou textos estranxeiros.
- En textos teatrais indican apartes.
- En ocasións aparece só a paréntese de peche en enumeracións: a), b), c) ...
- En Matemáticas teñen moitos usos: indicar preferencia nas operacións, indicar a variable dunha función, representar unha matriz...
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
Bibliografía editar
- Dosil López, Benxamín; Riveiro Costa, Xesús (2004). Dicionario de ortografía da lingua galega. Galinova Editorial. ISBN 84-9737-040-6.