Pentámetro
Pentámetro é o nome dun verso clásico, propio da poesía grega ou latina, composto por catro pés métricos e dous semipés, distribuídos en dúas metades ou hemistiquios de dous pés e un semipé cada un. Na súa métrica cuantitativa cada pé está constituído por sílabas longas e breves; cada longa dura o dobre que unha breve.
Estrutura
editarO pentámetro grecolatino está composto no seu primeiro pé por un dáctilo (unha sílaba longa e dous breves, que se representan así: _ U U ) ou un espondeo (dúas sílabas longas, que se representan así: _ _ ); no seu segundo, doutro dáctilo ou outro espondeo; no terceiro, que é un semipé, por unha sílaba longa; despois vai unha cesura, dous dáctilos e un semipé final con sílaba longa ou breve:
- _ U U ou ben _ _/ _ U U ou ben _ _ / _ / || _ U U / _ U U/ _ ou ben U
Os acentos de intensidade ou arsis van sempre na primeira sílaba de cada pé, que é sempre longa. Hai unha cesura obrigatoria que divide o verso en dúas metades ou hemistiquios, da cal a primeira é a flexíbel, mentres que a segunda é unha cláusula rítmica fixa.
Adóitase utilizar sobre todo na elexía.